Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

27/11/08

VISITA A CLASE DE 5º

maria

OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS, RECIBIMOS UNHA INVITACIÓN PARA VISITAR A EXPOSICIÓN DE CUNCHAS QUE TIÑAN MONTADA NA SÚA AULA, OS NENOS/AS DE 5º. PARECEUNOS MOI INTERESANTE ASÍ QUE ALÁ FOMOS.


SORPRENDEUNOS A CANTIDADE DE CUNCHAS E CARACOLAS QUE HABÍA : GRANDES , PEQUENAS , MEDIANAS; CON FORMA DE ORELLA , DE DENTE , ROSADAS , BRILLANTES , DA COR DA AREA PARA CAMUFLARSE ,…


CONTÁRONNOS QUE AS CUNCHAS AS FORMABAN UNS BICHIÑOS QUE VIVÍAN DENTRO DELAS , ALGUNHAS SERVÍAN PARA FACER BOTÓNS , OUTRAS EMPREGÁBANSE COMA SE FORAN CARTOS, OUTRAS BOTABAN VELENO E OUTRAS SOABAN COMA UNHA BUCINA, NA MAIORÍA ESCOITÁBASE O MAR.


TAMÉN HABIA OURIZOS, CORAIS E ESTRELAS DE MAR.

GUSTOUNOS MOITO A VISITA E APRENDIMOS UN MONTÓN DE COUSAS.

maria / Autor/a

Os autores e autoras das publicacións son mestres do CEIP A Rúa

2 comentarios:

  1. COMO SE NOTA QUE SODES OS MAIORES DE INFANTIL. FELICIDADES POLA VOSA NOTICIA, É PRECIOSA!

    :-) MOITOS BICOS DA PROFE ANA

    ResponderEliminar
  2. A MIN TAMÉN ME PASOU O MESMO QUE A VÓS, SORPRENDEUME A CANTIDADE DE CUNCHAS E TAMÉN APRENDÍN MOITAS COUSAS.
    PARABÉNS AOS NENOS/AS DE 5º POR ESTA IDEA E AOS DE 5 ANOS POLA NOTICIA.

    ResponderEliminar