Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

22/01/09

Aquí tendes os sacapenas e a carta para os nenos e nenas de Gaza

Ana
Sacapenas para que os/as pícaros/as de Gaza volvan sorrir :-)


Esta é a carta que imos enviar aos nenos e nenas de Gaza.
Falamos cunha ONG que se vai encargar de que chegue ao seu destino.
Tamén van traducila ao seu idioma, para que a comprendan.



Ola, nenos e nenas palestinos:

Somos os nenos e nenas de 1º de Primaria do colexio A Rúa de Cangas de Morrazo, en Galicia (España).


Mandámosvos sacapenas para sacar o voso medo. Compartídeos e poñédeos debaixo da almofada. Contádelle unha pena a cada un porque así quedaredes máis tranquilos.

Queremos que pare a guerra dunha vez por todas e que non morran máis persoas. Que dialoguen os xefes de Gaza e Israel.


Moitos bicos de todos e todas e que os sacapenas vos poñan contentos.

Mario, Candela, Sergio, Soukaina, Álvaro, Anira, Rubén, Yanira, Nico, Cristina G., Laura, Néstor, Andrea, Pedro, Ían, Hanane, Antón, Celeste, Cristina O., Inés e Santi


A carta percorrerá 4000 kilómetros, o que podedes observar neste mapa.



Visualizar o mapa ampliado

Ana / Autor/a

Os autores e autoras das publicacións son mestres do CEIP A Rúa

7 comentarios:

  1. ¿En que medio de transporte viaxaran os sacapenas?

    ResponderEliminar
  2. Probablemente farano en avión, pois con tanto temporal vai ser difícil que cheguen en barco ;-)

    ResponderEliminar
  3. Os nenos e nenas de Malpica, tamén se queren unir á vosa fantástica idea.
    ¿Cantas penas poderemos sacar entre todos/as?
    Grazas por tomar a iniciativa.

    ResponderEliminar
  4. Os nenos e nenas de Malpica tamén se queren unir á vosa fantástica idea.
    ¿Cantas penas sacaremos entre todos?
    Grazas por tomar a iniciativa.

    ResponderEliminar
  5. Grazas, Adelaida,pola túa sensibilidade. Foron feitos con moito amor e ilusión e iso nótase.
    Unha aperta dende Cangas.

    ResponderEliminar
  6. Leo, que felices nos facedes sumándovos á nosa iniciativa!
    Grazas a vós por compartila connosco.
    Non sei se sacaremos moitas penas pero axudaremos a coser algunhas feridas abertas, estou segura!!
    Unha aperta afectuosa a todos e todas

    ResponderEliminar