Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

20/02/09

Festa de Entroido no cole de A Rúa

CEIPARUA
Hoxe celebramos a festa de entroido no cole. Todos e todas nos disfrazamos de algo relacionado coa tecnoloxía e os ordenadores, pois este ano o noso tema núcleo son as TIC.

Fixo bo día, así que primeiro saímos ao patio e fixemos un desfile polos arredores do colexio. Diante ían os nenos e nenas de 1º ciclo, e logo os de Infantil e todos os demais cursos ata sexto.

Os disfraces eran os seguintes:
Infantil de 3 anos: pescadores navegando pola rede


Infantil de 4 anos: piratas informáticos


Infantil de 5 anos: Robots electrónicos


Primeiro ciclo: Ratos cibernéticos


Segundo ciclo: Carteiros cibernéticos


Terceiro ciclo: Emoticonas



Ao rematar o desfile cada ciclo cantou as coplas que tiña ensaiado mentres os demais se fartaron de rir e despois aplaudiron.


Aquí temos un vídeo coas coplas dos nenos e nenas de educación infantil


E aquí outro coas coplas dos nenos de primeiro ciclo

Agora as coplas dos nenos e nenas de segundo ciclo


No remate da festa queimamos o meco no medio do patio, e aínda que ardeu despazo non quedou nada del.


O resto das fotos podedes velas neste enlace

CEIPARUA / Autor/a

Os autores e autoras das publicacións son mestres do CEIP A Rúa

2 comentarios:

  1. Grazas por esta reportaxe tan completa e tan puntual.

    ResponderEliminar
  2. En nome de todo o profesorado, quero agradecer a participación e colaboración das familias na festa do entroido do CEIP A Rúa. Por certo, parabéns ás cociñeiras/os, as chulas, orellas, filloas, melindres...estaban boísimos, dou fe.

    ResponderEliminar