Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

16/03/09

Infantil visita o Salón do libro

maria



A saída foi moi divertida e gustounos moito; ao chegar recibiunos Orbil, a mascota do Salón, un lobo moi simpático que xogou con nós e ao que lle collemos moito cariño .








Ensináronnos moitísimos contos, todos relacionados co amor, pero todos diferentes: en forma de flor, de tío-vivo, de pirámide, de torta, de globo, de corazón, de árbore, de bolboreta, ...








Visitamos a casa da fada madriña, e tiña colgadas por tódala casa fotos dos fillos/as dos personaxes dos contos: Cincenta, Brancaneves, a Bela Durminte; os nenos e nenas eran humanos. Na súa casa tamén había receitas de pocións e un espello máxico no que se reflectían só as persoas que non estaban namoradas .








Descubrimos unha árbore, branca e grande, un salgueiro chorón, que tiña colgados coma follas poemas en tódolos idiomas; tamén había un corazón moi grande no que te podías sentar .









Por último, entramos nunha nube era moi suave e tiña unha morea de brazos para abrazar.
Antes de marchar regaláronnos unha chapa da mascota, e volvemos ao cole moi contentos/as coa visita.

maria / Autor/a

Os autores e autoras das publicacións son mestres do CEIP A Rúa

0 comentarios:

Publicar un comentario