Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

26/04/09

Visita dun apicultor á clase de 1º

Ana








O martes, Xose, o apicultor, veu á clase de 1º contarnos cousas das abellas.
Tróuxonos mel, unha colmea, unha rasqueta, un afumador e un traxe de apicultor.


















Fixémoslle catorce preguntas.













Contounos que as abellas facían panais con cera e tamén fabricaban o mel na colmea.


Cando as abellas collen o pole lévano nas patas nunha especie de cestiña.












Deixounos poñer o seu traxe de apicultor que era
branco porque as cores escuras poñían nerviosas ás abellas e podían picarlle máis.














O fume que facía co afumador serve para tranquilizar ás abellas e así poden coller o mel.














Tamén nos falou da vida das abellas, que se pelexan entre elas.
As abellas teñen veleno e se cravan o aguillón non o poden sacar porque ten forma de arpón e morren porque se lle rompe un cacho da barriga.


Autores/as da información:
Nenos e nenas de 1º de Primaria



Sabes que as abellas son artrópodos?!
Se queres acompañarnos e aprender máis sobre outros artrópodos,

PINCHA NA FOTO.



Ana / Autor/a

Os autores e autoras das publicacións son mestres do CEIP A Rúa

1 comentarios:

  1. As nenas e os nenos de 1º son moi curiosos, fan moitas preguntas e por iso aprenden tantas cousas.
    Eu tamén teño algunhas preguntas para vós:
    ¿a que sabía o mel?
    ¿o mel é sólido ou líquido?
    ¿todo o mel ten a mesma cor?
    ¿a quen lle quedaría vén o nome de "Mel"?

    Bicos para todos doces coma o mel

    ResponderEliminar