Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

04/05/09

Charla no CEIP A Rúa sobre "Internet segura"

CEIPARUA

Internet neste momento estáse a converter nunha ventá aberta ó mundo, con moitas posibilidades: información a disposición de todos/as, redes sociais onde compartir ideas, iniciativas...

Pero tamén pode constituír un risco importante para os nenos e nenas se os pais/nais, educadores-as, non nos informamos e controlamos que uso fan da rede.

Este é o tema da interesante charla de mañá martes, 5 de maio, ás 17:30, na Biblioteca do centro:

Como conseguir que os nosos fillos e fillas naveguen por internet de forma segura”

Contaremos coa presenza dun compoñente do equipo de delitos telemáticos da Comandancia da Garda Civil.


Grazas pola vosa participación!


A través da páxina http://www.internetsegura.net podedes atopar máis información.

CEIPARUA / Autor/a

Os autores e autoras das publicacións son mestres do CEIP A Rúa

0 comentarios:

Publicar un comentario