Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

08/05/09

O Verbum

teresa
O martes trinta e un de marzo fomos de excursión 3º e 4º a un museo de Vigo que se chama “O Verbum”.

Saímos de clase nada máis chegar, chegou o autobús e montamos nel.
Ao chegar esperamos que viñera unha señora para que nos explicara as cousas do Scriptorium.

Abríronse as portas da exposición e viu un monxe que nos dixo que estabamos no ano 1.200 e ensinounos o seu escritorio, que comparado cos nosos era moi cutre e tiña unha pluma para escribir.
De Fotos Verbum 2009

O traballo deles era copiar os libros para que se se rompían ou perdían poder conservar algún.

Escribían medio vertical e cunha letra antiga e rara; e as maiúsculas de cada capítulo facíanas en cores e moi grandes.

Despois fomos a unha sala onde fixemos unha actividade: Déronnos un papel e nós por riba pintabamos unhas letras claras cun pau.

Logo viu unha monitora e levounos a unha sala de palabras onde: vimos o abecedario Braille, puxéronnos uns cascos cuns tubos para comprobar de onde viña o son, fomos ver unha tele onde os compañeiros representaban profesións sen falar e nos tiñamos que adiviñalo, vimos e limos uns trabalinguas e o último que fixemos foi ver uns signos de escritura chinos, xaponeses, exipcios…

Despois fomos ao parque merendar, xogar e voltamos ao cole.



2º ciclo de primaria

teresa / Autor/a

Os autores e autoras das publicacións son mestres do CEIP A Rúa

1 comentarios:

  1. Chegar á escrita foi un proceso moi longo e dificultoso.
    Imaxinádevos que emoción cando as palabras poideron conservarse evitando que as levase o vento.
    Grazas ao esforzo de moitos, hoxe podemos ter memoria e coñecer as ideas e as historias de pensadores/as e escritores/as do pasado. Valoremos,pois, como un grande tesouro os libros que temos a oportunidade de ler.

    "Se non les non pasa nada, deixa que che pasen cousas" (A.E.L.E)

    ResponderEliminar