Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

04/06/09

A BREVE HISTORIA DA MÚSICA

L.Marina Novoa
O martes pasado na biblioteca do cole tivemos unha fermosa actuación musical protagonizada polos alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria.
Os nenos e nenas, baixo a dirección da mestra de música Cloti, fixeron un percorrido pola historia da música.
As cinco da tarde, un Mozart moi particular facía acto de presenza e xunto cos demais narradores deron paso a que comezase o espectáculo.

No 1º acto, titulado "Os inicios da música", representaron como sería a música na prehistoria.




O 2º acto, "Os Romanos en Galicia". Os romanos trouxéronnos o latín, do que provén o galego, os números romanos, costumes e moitas cousas máis.




O 3º acto, estaba adicado a música medieval, a famosa época dos castelos, dos trobadores que ían cantando pola rúa e tocanco o laúde.


4º acto, A música culta, unha música que vén das clases instruídas da sociedade. Implicaba que houbese unha escola, mestre e discípulos, polo tanto é unha música de especialistas.

















O folclore da música folclórica, foi o título do acto 5º, que é un tipo de música que se transmite de xeración en xeración a marxe da ensinanza musical académica.














6º acto
, A extraña música dodecafónica, tamén chamada música clásica contemporánea, foi creada no século XX. Dodecáfonica significa doce tonos, é unha forma de música atonal, (tódalas notas teñen a mesma importancia)











O 7º acto estivo adicado á música Jazz, unha das clases de música máis coñecidas do mundo e durante todo o século XX. A interpretación baseábase na improvisación.



Como colofón final, compositores noveis mostráronnos a súa creatividade e talento no 9º acto. Os alumnos e alumnas interpretaron pezas compostas por eles mesmos. Estade moi atentos, quen sabe se acaban sendo obras mestras!







Moitas grazas a todos e todas por asistir.

L.Marina Novoa / Autor/a

Os autores e autoras das publicacións son mestres do CEIP A Rúa

2 comentarios:

  1. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  2. Os meus parabéns a tódolos alumnos e alumnas de 5º e 6º e a profe Cloti polo magnífico espectáculo que nos ofreceron o martes pasado. A mágoa foi non contar cun espazo mellor para representalo.

    ResponderEliminar