Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

17/06/09

Carta informativa sobre a enquisa das linguas aos pais e nais do CEIP A Rúa

Xosé

PROFESORES E PROFESORAS DO CEIP A RÚA, ANTE O PROCEDEMENTO ABERTO POLA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA DE CONSULTA AOS PAIS E NAIS DO ALUMNADO DOS COLEXIOS PÚBLICOS E CONCERTADOS SOBRE O ENSINO DAS LINGUAS, QUEREMOS MANIFESTAR O SEGUINTE:

A lingua é o patrimonio cultural e histórico de máis valor e compétenos a todas e todos a súa defensa e promoción.

O Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega foi aprobado por unanimidade de todas as forzas políticas con representación no Parlamento Galego no 2004 (PP, PSOE e BNG), é un punto de encontro na definición dos obxectivos para o ámbito educativo. O actual Decreto en vigor (124/2007, de 28 de xuño) pretende garantir unha competencia similar en Galego e en castelán.

3º Os centros de ensino levamos moito tempo traballando para que a aprendizaxe e o uso das linguas se desenvolva nun clima de convivencia que favoreza a adquisición da competencia lingüística plena nas dúas linguas oficiais da nosa comunidade ó rematar o ensino obrigatorio.
Todos os estudos ao respecto indican que o dominio de ambas linguas facilita a aprendizaxe doutras novas, e nunca ao contrario.

En concreto no CEIP A Rúa levamos moitos anos cun plan de Normalización Lingüística, ensinando en galego e tamén en castelá e dende logo nunca observamos nin sequera en alumnado procedente do estranxeiro, ningún problema de adaptación porque a lingua fose galego ou castelá.

Facer unha consulta a pais e nais, sen aclarar para qué se fai, pode levar a crear falsas expectativas, pensando que vai a haber un"ensino á carta", e nada máis lonxe da realidade.

O procedemento establecido pola Consellería para realizar a consulta está cheo de irregularidades, que farán pouco fiables os seus resultados:

  • Acaso un/a neno/a de 3 anos pode ser responsable de levar e traer unha enquisa?
  • Quen garante que a enquisa foi cumprimentada polo pai ou nai?
  • Quen vai tabular os datos, en presenza de quen?
  • Por que se lle esixe ós directores/as tomar os datos dos nenos/as que entregan a enquisa? Isto non vulnera a Lei de protección de datos?
  • Que seguridade pode ter un pai ou nai que as súas opinións vaian ser lidas por alguén? Quen vai tabular os datos, en presenza de quen?...
  • Por que unha familia que ten tres fillos terá tres votos e a que ten un único fillo/a só un voto?
  • Por que poden opinar familias que para o próximo curso xa non terán fillos no ensino obrigatorio?
  • Por que os que terán fillos en Infantil-3 anos para o próximo curso, non poden opinar?
  • E os dos cursos vindeiros?
  • As preguntas sobre a elección de idioma soamente se refiren ás que chaman materias troncais, (Coñecemento do Medio, Matemáticas e Educación para a Cidadanía) e nas demais a lingua non importa?
  • Por certo, desde cando a Educación para a Cidadanía se considera unha materia troncal? Unha materia que pretenderon eliminar directamente do currículo pasa a convertirse en troncal dun día para outro?

. Estamos diante dunha enquisa tendenciosa que impide expresar a vontade dos que están a favor do ensino en galego.
Lembremos que a súa proposta máxima é que se imparta como moito o 50% do ensino en galego, mentres que podería impartirse en castelán a práctica totalidade das materias salvo as de lingua galega e inglesa.

8º Por último, resulta contraditorio que se nos estea anunciando recortes na calidade do ensino (supresión de prazas, agrupamentos, retirada de axudas para formación...) coa escusa da crise e se leve a cabo na distribución desta enquisa un gasto desmesurado de recursos económicos estimado arredor dos 300.000 euros.

Cangas, a 16 de xuño 2009

Profesores e profesoras do CEIP A Rúa

Xosé / Autor/a

Os autores e autoras das publicacións son mestres do CEIP A Rúa

2 comentarios:

  1. totalmente de acordo. Felicitamos aos profesores de A Rúa pola sua profesionalidade, a sua implicación coa educación dos nosos nenos, a sua claridade de ideas, a forma de expoñelas e transmitilas e a súa VALENTÍA.
    GRAZAS E ANIMO.
    Carolina e Carlos

    ResponderEliminar
  2. Grazas a vós primeiro por confiar en todos nós como profesionais e, en segundo lugar, por ter a sensibilidade de comprender a nosa mensaxe.

    Desgraciadamente a situación do galego é moi preocupante, hai moitos nenos e nenas que xa non o falan, nin teñen a necesidade de facelo, e, o que é peor, non estableceron con el un vínculo afectivo.

    A nosa lingua é para nós o patrimonio cultural de máis valor e así llo transmitimos ós vosos fillos e fillas co ánimo de que, todos eles/elas, cidadáns/as do futuro inmediato, lle regalen mil primaveras máis á nosa lingua.

    É o noso desexo :-)

    ResponderEliminar