Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

14/06/09

Excursión de fin de curso. Cabeza de Manzaneda 2009

L.Marina Novoa


Todo comezaba nunha chuviosa mañá no colexio, por fin chegou o día no que os alumnos e alumnas de 6º de primaria, con grandes maletas e non menos ilusións, partían rumbo a Cabeza de Manzaneda.


Polo camiño, paramos en Castro Caldelas, para visitar o seu Castelo, e tomar a merenda. Despois continuamos o noso camiño.



Cando chegamos agardamos a que nos repartiran os apartamentos, eran enormes,a aventura empezaba ben.



Deixamos as nosas cousas e despois de comer fomos a primeira actividade programada,os karts, pasámolo moi ben facendo carreiras entre nos e animando aos compañeiros.











Despois da merenda fomos ao pavillón, alí Alberto agardaba por nós para a seguinte actividade, Supervivencia.


Nos explicou como facer en caso de emerxencia e practicamos algúns trucos, como por exemplo como conseguir auga se nos perdemos no monte, como auxiliar a un ferido ou como transportar a alguén na "cadeira da raiña".



Esa noite tocaba Disco, as 10 estabamos listos para mover o esqueleto sen parar, bailamos as nosas cancións favoritas e mesmo tivemos unha batalla de break dance.






Ao día seguinte empezamos con Sendeirismo, o sol quixo acompañarnos e tivemos unha travesía moi divertida que compartimos cos nosos compañeiros e compañeiras do colexio de San Roque. Estivemos camiñando preto de dúas horas, vimos un curro de ovellas e coñecimos ao pastor que coidaba delas.

Antes de comer fixemos tiro con arco, Aleja, a monitora, nos explicou como coller o arco, como se chaman as súas partes e a tirar con seguridade . Algúns de nos descubrimos que somos expertos tiradores e tiradoras, outos…. bueno, todo é cuestión de practica.




Pola tarde tiñamos programadas dúas actividades, a primeira hora, aula de natureza, onde saímos ao campo a observar plantas e insectos.







Pero en realidade todos e todas esperábamos a hora da piscina, e por fin chegou, chanclas, gorros e toallas en fila cara o pavillón, a piscina era enorme e podíamos xogar con pelotas, churros, e pranchas, fixemos carreiras e os profes Antonio e Luz tamén se bañaron, foi xenial, se fixo corto o tempo.



Ese día remataba con xogos por grupos que estaban preparados por dúas monitoras da estación, rimos moito e quedamos empatados a puntos tódolos grupos.








O último día amañecía ben soleado, só quedaban tres actividades e despois de comer despediríamonos de todo aquilo. Na escalada, ben abrochados os arneses, intentamos superar os nosos medos para chegar ata o final daquela parede altísima.





Nos xogos predeportivos no pavillón pasámolo de marabilla xogando a fútbol, bádminton, e tenis de mesa.









E finalmente, outra actividade moi esperada, a equitación, para algúns e algunhas era a primeira vez que se subían a un cabalo, para outros xa se notaba certo estilo, pero todos desfrutamos moito.






Chegou a hora da despedida, que rápido se pasaron os días, cargando as maletas no autobús botamos unha última ollada a todo, as nosas cabezas daban voltas con tantas emocións vividas. Nunca o esqueceremos.



L.Marina Novoa / Autor/a

Os autores e autoras das publicacións son mestres do CEIP A Rúa

1 comentarios:

  1. pero habia nieve en alguna parte? porfabor yo quiero organizar una excursion de fin de curso a manzaneda pero quiero saber si habia nieve
    porfabor contestadme en este correo:lili_galban@hotmail.es o en ange_villa_@hotmail.com
    gracias

    ResponderEliminar