Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

07/06/09

Magnífica Festa de Verán 09 da ANPA

CEIPARUA
Foi unha gran festa!
Participaron moitísimos alumnos e alumnas nos xogos, que estaban, francamente, moi ben organizados.


Os rapaces/as de 6º foron a alma da festa, amenizaron a mesma coa selección de música (ata un blues! que nivel!), cos seus comentarios a través da megafonía... fixeron bailar a algún que outro pai e, mesmo, á dire.


Que dicir do concurso culinario! Había unha torta de 3 chocolates, ummmm! boísima! E un xelado, para derreterse! Unha empanada de zamburiñas con denominación de orixe (A Rúa), exquisita! Mesmo os nenos/as cociñaron unhas pastas e uns froitos secos con chocolate para lamberse os dedos! Ata contamos cunha tortilla moi especial sen ovo (para alérxicos) que era digna dun/dunha gourmet!











E ata houbo tempo para cultivar a mente botando unhas partidas de xadrez!









Pola tarde os de 6º volvéronnos sorprender cun baile creado por eles/as moi orixinal e onde ninguén daba un paso en falso, menuda coordinación! Creo que o seu programa favorito debe ser Fama!

Música, Patinaxe, Batuka e Teatro fixeron as delicias de pais e nais.

E a todo este bo facer, sumouse un tempo que nos respectou e deixou que gozásemos dunha xornada de convivencia que non esqueceremos.



Queremos dende aquí, darlle as grazas a nais, pais e alumnos/as pola súa participación e especialmente á ANPA polo seu esforzo e dedicación non só na organización desta festa senón durante todo o curso.


GRAZAS :-) en nome de toda a Comunidade Educativa do CEIP A Rúa


Deixámosvos algunhas imaxes para o recordo:

CEIPARUA / Autor/a

Os autores e autoras das publicacións son mestres do CEIP A Rúa

2 comentarios:

  1. Foi unha festa estupendisima!!! i encantame esta presentación que resume un axetreado dia a perfección!!!

    ResponderEliminar
  2. A presentación das fotos é perfecta, para que os que non viñeron sepan o que se perderon.

    ResponderEliminar