Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

04/06/09

VIDEOCONFERENCIA: Os Gorilas

L.Marina Novoa
Onte os alumnos e alumnas da clase de 6º de primaria, xunto coa axuda da profe de AL (Luz), tivemos na biblioteca do cole unha actividade TIC moi interesante, tratábase dunha videoconferencia online dende o parque temático de Tenerife "Loro Parque".

As 11:00 entramos na biblioteca e xa estaba todo disposto para empezar, a monitora da aula do mar do Loro Parque aparecía nunha ventaíña na esquerda da pantalla, xusto por riba da ventá de chat onde podiamos facer a nosas preguntas.



Ademais estábamos en liña con outros dous colexios doutras partes de España, e todos podiamos ler as preguntas que facían os demais e que a monitora ía respondendo polo micrófono.


O tema que tratamos foi sobre os gorilas, e aprendemos moitas couas deles.
Ademais de coñecer que están en grave perigo de extinción, puidemos ver onde viven, que comen, os seus costumes...


Tamén nos explicaron que son moi parecidos aos humáns, ao igual ca nós teñen diferenzas físicas. Como por exemplo os distintos tipos de fuciños que teñen ,e do que fixemos unha actividade para recoñecelos.


Pasámolo moi ben e fixemos moitas preguntas que un compañeiro da clase, que nomeamos como encargado, ía escribindo na ventá de chat.











Ao final puidemos saudar a monitora por nós mesmos, pois conectouse con nós a través da nosa web cam.








Moitas Grazas a Loro Parque por esta actividade, esperamos ter novas o
portunidades de facer cousas con vos o próximo curso.

L.Marina Novoa / Autor/a

Os autores e autoras das publicacións son mestres do CEIP A Rúa

1 comentarios:

  1. Noraboa aos nenos e nenas e á profe Cloti por este estupendo traballo.

    ResponderEliminar