Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

24/07/09

Educación remite o proxecto de ampliación do CEIP A Rúa que custará 345.000 euros

Ana
D.G.P. - CANGAS- A Consellería de Educación ven de remitir ó Concello de Cangas un dos proxectos máis esperados pola comunidade educativa do concello: a ampliación e reforma do colexio de Educación infantil e primaria de A Rúa, sito na parroquia de Coiro.
A actuación ten un orzamento de máis de 345.000 euros e a ANPA do centro espera que as obras comecen ó longo do vindeiro ano.
Instalaciones do CEIP A Rúa.
Gonzalo Núñez

A proposta técnica recolle dúas zonas de ampliación: unha na planta baixa do actual edificio, que aumentará a súa superficie en 169 metros cadrados, e outra no primeiro andar, onde o novo espazo será de 71 metros cadrados. As obras suporán unha remodelación interior do centro e permitirán dotalo dun comedor escolar posto que A Rúa é o único centro de educación primaria do municipio que aínda carece de este servizo.

Segundo os planos que se recollen no proxecto remitido pola consellería, o comedor situarase na planta baixa do colexio. Aproveitarase o espazo que ocupa a actual biblioteca e ampliarase para que teña una maior capacidade. En total ocupará una superficie de 90 metros cadrados, sen contar coa cociña e o seu almacén correspondente. O recinto de lectura e estudo trasladarase ó piso superior e despois das obras terá unha superficie de 55 metros cadrados.

O proxecto servirá para dar resposta a outras necesidades do centro e que se derivan dos cambios lexislativos introducidos nos últimos anos. Así, as clases do alumnado de infantil contarán cun aseo no interior. Por outra banda, dotarase ó colexio dun aula de usos múltiples de máis de 100 metros cadrados e eliminaranse as posibles barreiras arquitectónicas, para facilitar o acceso ás persoas e alumnos con mobilidade reducida.

Licenza municipal

A documentación xa está no Concello de Cangas, que agora deberá tramitar a pertinente licenza municipal de obra. Una vez rexistrado, o proxecto deberá ser estudado polos técnicos municipais e que deben darlle o seu visto bo. O orzamento previsto é de 345.000 euros e no que se inclúen as demolicións, novas estruturas, calefacción, conexións para novas tecnoloxías e mesmo unha partida para o aproveitamento da enerxía solar.

O colexio está situado moi preto dunha das rotondas do ramal de acceso ó Corredor do Morrazo e aséntase sobre unha parcela de máis de 12.000 metros cadrados. A superficie total construída na actualidade é de 2.089 metros cadrados: 1.313 na planta baixa e 776 no primeiro andar.

Se o desexas, podes botarlle unha ollada ós planos da reforma e ampliación da Planta baixa.
Tamén os do 1º andar.

Ana / Autor/a

Os autores e autoras das publicacións son mestres do CEIP A Rúa

0 comentarios:

Publicar un comentario