Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

03/07/09

Está ben clariño: o galego serve para entendérmonos

CEIPARUA

ESTÁ BEN CLARIÑO, É QUE NON O ENTENDEN?

Puxémoslle nome ás persoas: Suso, Maruxa, ... apelido: Vázquez, Nogueira, ...
e alcume: o Bichoguizo, a Rachaoferro, ...
Puxémoslle nome ás nosas árbores: amieiro, freixo, ... e apelidos: Carballa
da Rocha, Castiñeiro da Capela, ...
Botamos aturuxos, arroutadas, ... e damos colo, apertas, ...
Puxémoslle nome ás froitas: pexego, mazá, ...
Aos arbustos: silva, xesta, ...
Ás nosas herbas: camariña, herba de namorar, ...
Ás comidas: grelos, cacheira, ...
Puxémoslle nome aos insectos: vagalume, escornabois, ...

Aos peixes: xouba, ollomol , ... e aos mariscos: vieira, zamburiña, ...

Ás nosas praias: de Rodas, A Rapadoira, ...
Ás serras: O Larouco, A Capelada, ...

Aos montes: A Zapateira, O Galiñeiro, ...
Ás rochas: Pena Corneira, A Pedra de Abalar, ...
Aos ríos: Toxa, Xallas, ...
Aos pobos: Soutelo, Peroxa, ...

Aos males: Mal de Ollo, O Arangaño, ...

Aos nosos medos: A Santa Compaña, O Negro Meigallo, ...

Aos nosos heroes: O Foucellas, Roi Xordo, ...

Aos monstros: Sacauntos, Fendetestas, ...
As vacas: Marela, Xeitosa, ...

Aos disfraces: Peliqueiro, Boteiro, ...
Aos sentimentos: morriña, agarimo, ...

Aos santos: A Franqueira, O Corpiño, ...
Ás nosas festas: A Rapa das Bestas, O Magosto, ...
Á musica: os alalás, a chouteira, ...

Aos xogos: a billarda, a porca, ...

Ás partes do corpo: as costas, os xeonllos, ...

Aos paxaros: paporrubio, rula, ...

Ao vestido: saia, polaina, ...

...e agora veñen que para que serve o galego, pois é obvio,

PARA ENTENDERNOS.

Escrito por José Manuel Atanes Limia no "Faro de Vigo"
E no blog O segrel do Penedo propóñennos ampliar este mundo de palabras. Anímate!

CEIPARUA / Autor/a

Os autores e autoras das publicacións son mestres do CEIP A Rúa

0 comentarios:

Publicar un comentario