Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

18/09/09

Festa dos Axóuxeres, en Pontevedra e Vigo os días 19 e 20 de setembro

CEIPARUA

Animámosvos a participar na Festa dos Axóuxeres!

En Pontevedra será o sábado día 19 ás 12:00 horas na Praza da Ferrería

En Vigo o día 20 na Praza do Rei, en dúas funcións, ás 12:00 e ás 17:30.

A función é baixo unha carpa e a entrada é de balde ata completar o aforo.

A Festa dos Axóuxeres é un espectáculo para o teu bebé e para toda a familia (con cancións, xogos… e ofrece material descargable en internet). Axóuxeres é a primeira viaxe polas palabras para os cativos da casa. Vermiños, peixes, bolboretas e soles xa agardan por nós. Catro elementos, catro viaxes, catro transportes, catro cores, catro ritmos e catro amigos para aprendermos mil palabras. Vides ben dispostos para cantar, brincar, xogar, falar? A Festa dos Axóuxeres facémola xuntos!

Ver máis información na web da Secretaría Xeral de Política Lingüística

CEIPARUA / Autor/a

Os autores e autoras das publicacións son mestres do CEIP A Rúa

0 comentarios:

Publicar un comentario