Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

19/09/09

VII Encontros de Educación Infantil

Ana


O 25 e 26 de setembro terán lugar en Santiago de Compostela os
"
7º Encontros de Educación Infantil"
nos que participaremos máis de 500 mestres/as de Educación Infantil, para compartir experiencias e escoitar ós expertos/as sobre o tema mais relevante e significativo da L.O.E. "As competencias básicas"


Este é o programa destes intensos e interesantes encontros:


PROGRAMA VII ENCONTROS DE EDUCACIÓN INFANTIL

25 e 26 de setembro de 2009
Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia
Santiago de Compostela

Venres 25 de setembro
16.00h-16.30h Recepción de asistentes e recollida de documentación.
16.30h-16.45h Inauguración

16.45h-18.15h Conferencia: "Educar con tres Cs: capacidades, competencia e corazón", Mar Romera Morón.
18.15h-18.30h Descanso

18.30h-20.00h Conferencia: "Ler e escribir na escola, intentémolo", Myriam Nemirovsky Taber.

Sábado 26 de setembro
09:00h-11.30h Obradoiros simultáneos e presentación de experiencias.
Cada asistente terá a posibilidade de asistir durante os Encontros a dous obradoiros e coñecer as experiencias que alí se presenten
Obradoiro 1
Obradoiro: Revisar textos para aprender a escribir. Myriam Nemirovsky Taber.

Experiencia: Porfa le connosco. Ana Fernández Chacón

Obradoiro 2
Obradoiro: A Cultura matemática como valor na construción da comunidade de aula . Dolors Feixas Roche.

Experiencia: Queremos saber canto son 100!! Yolanda Montenegro Rodal.

Obradoiro 3
Obradoiro: Desenvolvendo a competencia lóxica. Liliana Carbó Martí e Vicent Grácia Pellicer (Grupo Xucurruc).

Experiencia: Medindo e comparando. María Belén Escariz Ferrín.

Obradoiro 4
Obradoiro: As competencias do pensar ben (e de pasalo ben! que é isto tratándose de nenos e nenas de infantil? Angélica Lucas Sátiro

Experiencia: Proposta para traballar as habilidades de pensamento nas aulas de Educación Infantil. Mar Santiago Arca.

Obradoiro 5
Obradoiro: CompetenTICS. Abraham Domínguez Cuña e José Leonardo Fariña García

Experiencia: Competencia dixital na escola rural. Manuel Masaguer Rodríguez.

Obradoiro 6
Obradoiro: Os retos da educación infantil para o século XXI. Maria Josep Garcia Marti e Esteban Navarro Micó (Grupo Xucurruc).

Experiencia: Igualmente diferentes Mª Teresa Domínguez Pérez

Obradoiro 7
Obradoiro: Claves para potenciar o desenvolvemento da competencia cultural e artística na Educación Infantil.Marta Berrocal
Capdevila

Experiencia: De San Andrés de Teixido a Fisterra pasando por Compostela. Beatriz Vives Campos e Patricia Martínez Díaz.

Obradoiro 8
Obradoiro: Competencia para aprender a aprender e enfoque por proxectos. Azucena Arias Correa

Experiencia: “A xoaniña”. Un proxecto de todo o ciclo de EI do CEIP Vilaverde. Mª Teresa López Montes e Mª Isabel Pazos Solla

Obradoiro 9
Obradoiro: Sentir pensando e pensar sentindo: un programa de educación emocional para a escola infantil. Mar Romera Morón

Experiencia: Xogamos coas emocións?. Vanessa Quintian Agrafojo e Vanessa Arca Magariños.

Obradoiro 10
Obradoiro: A filosofía educativa de Reggio Emilia Javier Rouco Ferreiro

Experiencia: Escolas que participan nun Programa Comenius Multilateral: Alicia Souto Vecino EEI Vilariño; Montserrat Brandariz Prego CEIP Graxal II e Montserrat Rubio Arias CPR Juan Bosco-Salesianos.

Obradoiro 11
Obradoiro: O tratamento integrado das linguas en educación infantil. Concepción Fernández Torices e Luz Quiroga Fraga.

Experiencia: O portfolio Europeo das Linguas, posta en práctica con alumnado de Educación Infantil. Teresa Aller Alonso.

11.30h-12.00h Descanso
12.00h-14.00h Repetición dos obradoiros (simultáneos).
14:00h-16.00h Tempo libre
16.00h-16.30h Repetición das experiencias (simultáneas)

16.30h-18.00h Conferencia: "Competencias básicas e enfoque globalizador", Amparo Escamilla González

18.00h-18.45h Actuación: “Música para poemas e piruletas”(frauta, marimba e voz) Adrián Silva Magdalena e Jorge Alberto González Reinoso
Sanabria, sobre poemas de Carlos Fontes.

18.45h-19.00h Clausura

Vémonos alí! :-)
Participan dúas compañeiras e amigas do Morrazo, Belén Escariz e Yolanda Montenegro, que nos contarán as súas innovadoras experiencias de aula coas matemáticas!
Todo un luxo!


Ana / Autor/a

Os autores e autoras das publicacións son mestres do CEIP A Rúa

0 comentarios:

Publicar un comentario