Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

29/10/09

Chegou o Samaín!! Que medo!!

Ana

O día do Samaín celébrase o 31 de outubro.

Pero, ¿que haberá pola rúa?

Cecais un monstro, un gato, unha momia ou un zombi.

Miña mamaíña, ¡que medo dá o SAMAÍN!

Laura (2008)


POEMA

¡Que medo! ¡Que medo!

o SAMAÍN xa chega

¡Que medo! ¡Que medo!

esqueletos no cimeterio

¡Que medo! ¡Que medo!

A bruxa está voando

¡Que medo! ¡Que medo!

Hai nenos disfrazados

¡Que medo! ¡Que medo!

Entramos no castelo

¡Que medo! ¡Que medo!

A nena está tremendo

Catalina (2008)

Publicado no noso blog Galego a lambetadas


Andamos estes días a aprender esta canción do grupo Mamá Cabra. Aquí tes letra e música...¡para practicar na casa!


Letra e música que atopamos no blog da Biblioteca Milladoiro de Malpica.






Deixámosvos un vídeo que mete medo, doutra canción do grupo Mamá Cabra!

Por certo, se queredes saber algo máis deste grupo e escoitar máis cancións, entrade no seu blog, premendo aquí.





Recomendámosvos algúns libros TERRORÍÍÍÍÍFICOS para os primeiros lectores/as!!!!





O Papón, Ed. OQO








Tío Lobo, Ed. Kalandraka






E un conto de cabazas e unha avoa e unha neta moi astutas!!



Corre, corre, cabaciña, Ed. OQO



Así gozamos no cole do Samaín, unha tradición celta:

Ana / Autor/a

Os autores e autoras das publicacións son mestres do CEIP A Rúa

4 comentarios:

  1. Vexo que na Rúa seguen a manterse as tradicións e todos as vivides con ilusión: profes-as,alumnos-as...
    Así da gusto!!!
    Un bico moi grande de Raquel(ex AIT)

    ResponderEliminar
  2. Ola,Raquel! Que gusto saber de ti!
    Grazas por seguir o noso blog.
    A ver cando ves facernos unha visita, temos gañas de verte!
    Botámoste de menos :-)
    Moitos bicos terroríficos dende A Rúa

    ResponderEliminar
  3. Noraboa polo voso blog e polo voso traballo... bicos e música de MAMÁ CABRA

    ResponderEliminar
  4. Grazas, Mamá Cabra, polo voso comentario e pola vosa música. Fai nada gozamos dela todo o colexio no Auditorio de Cangas. Pasámolo moi ben.
    O outro día coñecimos o voso blog e enlazámolo aquí, no ceiparua. Grazas por compartir con todos nós a vosa música.
    Estamos a poñer en marcha o blog musical do cole, chámase A banda do cole, aínda está en cueiros pero promete.
    Máis nada, un bico en DO maior e a seguir afinando esas voces e eses instrumentos!!

    ResponderEliminar