Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

04/10/09

O IES de Fene, uns bos amigos/as!!

Ana

A final de curso, dende o CEIP A Rúa, enviamos unha carta de agradecemento ós centros educativos que colaboraron no envío de Sacapenas a Gaza.

O IES de Fene (Ferrolterra), no seu blog da Biblioteca (O segrel do Penedo), publicou a entrada que vos deixamos de seguido, cando recibiron o noso agasallo.
Invitámosvos visitar o seu blog porque está cheo de contidos interesantes!


Unha aperta para estes bos amigos/as de Fene!! :-)

E grazas a Mar, nai de Cris e Antía, por esas habilidosas mans e esa xenerosidade que nos permitiron enviarlles un especial sacapenas a cada centro educativo.

Dende A Rúa: Un Sacapenas Moi Especial !!






Onte recibimos un "Sacapenas" moi especial agasallo dos nosos AMIGOS do CEIP A Rúa.

Un envío urxente dirixido "Á atención das persoas que colaboraron no envío de Sacapenas a Gaza"





Nada máis abrilo a sorpresa foi enorme. Unha fermosísima moneca Sacapenas, cun meniño precioso da mán, dábanos as Grazas "en Galego e en Árabe" (vaia exemplo máis ben traído de que as linguas "sempre" suman...)

Grazas por compartir unha ilusión
Grazas por facela posible

Grazas polo traballo ben feito

Grazas por sumar afectos

Grazas por construir unha escola aberta ao mundo

G
razas :-)


Que dicir que non sexa darvos as Grazas por ser como sodes?





Grazas por compartir o voso soño

Grazas por permitirnos facer o camiño con vós
Grazas por unir esforzos e afectos
Grazas por levar amor onde hai tanta tristura

Grazas pola vosa infinita xenerosidade

Gr
azas :-)




O voso Sacapenas sempre estará nun lugar moi especial da nosa Biblioteca en compañía de boas amizades e vós, por sempre nos nosos corazóns!!

Máis fotos no noso álbum


Ana / Autor/a

Os autores e autoras das publicacións son mestres do CEIP A Rúa

1 comentarios:

  1. E eu hoxe descubro o voso artigo... (está a ser un comezo de curso miaxiña "movido)
    Foi un verdadeiro pracer percorrer ese fermoso camiño con vós.
    Grazas!!
    Apertas dende Fene

    ResponderEliminar