Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

27/01/10

Achégase o Entroido e no cole colaboramos todas e todos

Chus


Como preparan os disfraces en 1º e 2º de Primaria

Cando os nenos/as chegan a 1º e 2º as profesoras pídenlle ás nais e pais dos alumnos que vaian os martes pola tarde para axudar a facer os disfraces.
¿Queredes saber como é?


Como axudan as nais e pais

Cando vai chegando a xente as profesoras (neste caso Chus e Mari Carmen) van indicando o que hai que facer.
Este ano van disfrazados/as de "Formigas espaciais" e o que fixemos foi isto:

1º. Collemos un disfrace en forma de bolsa, miramos o nome e buscamos nas carpetas o mesmo nome que o da bolsa.
2º. Pegamos na parte dianteira da bolsa un "E" vermello que estaba dentro da carpeta.
3º. Decoramos o "E" con recortes prateados de distintas formas.
4º Nunha caixa, na que había raios prateados, buscamos o que tiña o mesmo nome que o da bolsa.
5º Unha vez atopado o raio, pegámolo na parte de atrás da bolsa para que quedara na espalda.
6º Na carpeta, tamén había unhas antenas-lupa que tivemos que recortar.


Bueno, istos son os pasos que fixemos as nais-pais-nenos/as maiores e as profes. De momento só un martes, o día 26.

Autora do texto: Catalina (4º)

Chus / Autor/a

Os autores e autoras das publicacións son mestres do CEIP A Rúa

2 comentarios:

  1. mmm! xa queda pouco para o día da festa de entroido, nos en Salvaterra facemos unha comparsa conxunta de tódolos coles da zona, espero que faga bo tempo.
    Este ano non poderei desfrutar das estupendas orellas que facía a nai de Paco ¿non me podedes mandar unha?
    Saudos a todos e pasádeo moi ben

    ResponderEliminar
  2. Luz, por agora non apareceron as orellas por aquí, pero, se aparecen, para ti haberá un feixe delas, só tes que achegarte ó cole. Pásao ti moi ben tamén. Grazas por escribirnos. Un bico.

    ResponderEliminar