Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

11/01/10

INVESTIGAMOS: O saguaro, un cactos xigante!!

Ana

No noso proxecto de investigación sobre as plantas, o outro día fixémonos esta pregunta:





Para que lle serven os pinchos ós cactos?



Nun primeiro momento, pensamos nunha única resposta:

-"Para protexerse dos animais"

Pero a profe Ana pediunos que investigásemos outras posibles respostas.


Tras buscar información na casa, engadimos algunhas máis:

Os cactos teñen espiñas para...
-protexerse do sol
-coller auga (a peluxe sérvelle para acumular o orballo)
-e, como dixemos, para protexerse dos animais
(como dixo Antón, "para que non os coman de aperitivo")






Na información que achegamos ó cole descubrimos un cactos superespecial
...


O saguaro




Aprendemos moitas cousas do Saguaro, queres coñecelas? son moi curiosas!
  • Hai moitos no deserto de Sonora.

  • Pode medir 20 metros de alto, e a raíz 30 metros.

  • Pode vivir 2 séculos, 200 anos.

  • Para medrar 1 metro de alto necesita 30 anos.

  • Ten 65 cm de diámetro.

  • Pode acumular ata 10.000 litros de auga.

  • Pode soportar de frío 9 graos baixo cero e de calor máis de 50.

  • Ten flores comestibles e froitos vermellos, cos froitos do saguaro poden facerse viño, marmelada e máis dunha ducia de produtos.

  • Se un paxaro lle fai un burato para facer o seu niño, o saguaro fabrica unha cortiza para non coller enfermidades.
  • As aves pósanse no saguaro coma se fose un mirador.

  • Os indios (papagos) o utilizaban para construír casas.

  • En latín chámase "carnegiea gigantea"

E agora deixámosvos un vídeo que, aínda que está en inglés, pode darvos unha idea das dimensións do saguaro.

Lucía, a profe de inglés moi amablemente, traduciunos a información que resumo brevemente.






O saguaro está adaptado ás condicións do deserto para evitar deshidratarse.

Almacena a enerxía durante o día e fai a fotosíntese durante a noite.
Ten uns pregues que se expanden rapidamente cando hai máis humidade e se contraen cando hai menos.
Ten unha raíz principal que está enterrada a 1 metro de profundidade, máis ou menos, e o resto das raíces expándense en círculo.
Canta maior sexa a súa altura, máis superficie ocupan as raíces. Próximas á superficie, esténdense para capturar a humidade.

Ana / Autor/a

Os autores e autoras das publicacións son mestres do CEIP A Rúa

0 comentarios:

Publicar un comentario