Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

09/02/10

Coplas da festa de Entroido

CEIPARUA
Estes días as aulas do cole botan fume de tanto que traballamos a preparar a festa do entroido. Cada ciclo deseñou o seu propio disfrace a partir do tema núcleo que temos para este ano, que se chama INVESTIGAMOS.

Como ben di o cartel de presentación ESTADES TODOS/AS CONVIDADOS AO DESFILE DE ENTROIDO QUE SE CELEBRARÁ O VINDEIRO VENRES 12 DE FEBREIRO ÁS 13:00 HORAS NO CEIP A RÚA.


Os nenos e nenas de infantil irán disfrazados/as de Científicos Tolos e escolleron a música de Chocolata para as súas coplas.

INVESTIGAR, INVESTIGO!
INVESTIGAR, INVESTIGAREI! (REPETIMOS)

SOMOS CIENTÍFICOS TOLOS,
SEMPRE MAQUINANDO, GÚSTANOS INVESTIGAR
OBSERVA, MIDE, COMPARA
A NOSA BOMBILLA NON PARA DE FUNCIONAR
MOITAS COUSAS NOS INTERESAN
DE TODO QUEREMOS SABER
XIRAFAS, CABALOS, VAQUEIROS
UN MUNDO ESPECTACULAR

INVESTIGAR, INVESTIGO!
INVESTIGAR, INVESTIGAREI (REPETIMOS)

Os nenos e nenas de Primeiro Ciclo irán disfrazados de Formigas Espaciais, e as súas coplas soarán ao ritmo de
A Cucaracha.

SOMOS FORMIGAS,
SOMOS DE "A RÚA",
TRABALLAMOS SEN PARAR
TANTO NA TERRA
COMA NO ESPAZO
ESTAMOS A INVESTIGAR.

VIAXAMOS CARA A LÚA

NUN FOGUETE ESPACIAL
PARA OBSERVAR SE HABÍA
ALGÚN RESTO DE ANIMAL.
REBUSCAMOS COAS ANTENAS
QUE SON LUPAS MOI POTENTES
COMPROBAMOS CON ASOMBRO
QUE É TODO DIFERENTE.

(RETROUSO)

REGRESAMOS PARA A TERRA
E QUEDAMOS ABRAIADOS
CANDO ESTUDAMOS AS PLANTAS
DESCUBRIMOS O SAGUARO.
ESTE CACTO TAN ENORME
VIVE ATA TRESCENTOS ANOS
OS SEUS FROITOS SON MOI DOCES
SÁBENLLE BEN AOS PAPAGOS.

En segundo ciclo irán disfrazados de Frankenstein, e soará a música de Piratas do Caribe.

OS DE 3º E 4º IMOS DE FRANKENSTEIN
IMOS CON TERESA E CELIA E TAMÉN ISMAEL
É A ÉPOCA DE ENTROIDO DÍA DE FESTA E LOUCURA
EU VIN COA MIÑA LUPA INVERTEBRADOS CAMIÑAR.

OS DE 3º E OS DE 4º IMOS INVESTIGAR
OS DE 3º E 4º ÍMONOS DISFRAZAR
É O DÍA DO ENTROIDO TEMOS GANAS DE XOGAR
TEMOS GANAS DE LOUCURA E TAMÉN DE CANTAR.

ANTIFACES E DISFRACES INTENTAMOS ATOPAR
PREPARALOS CUSTA MOITO PERO AO FIN É XENIAL
DE GUERREIROS E DONCELAS INVESTIGAMOS ESTE ANO
XA MOI FELICES NÓS IMOS INDO TODOS A CANTAR.

OS NENOS DE 3º E DE 4º CELEBRAMOS O ENTROIDO
DISFRUTAMOS E OS PROFES TOLEAMOS
BERRANDO, BERRANDO, BERRANDO E BERRANDO
TOLEAMOS, TOLEAMOS OS NOSOS PROFES ESTOUPARÁN.

PARA ESTE ENTROIDO XOGAREMOS SEN PARAR
CANTAREMOS TODOS XUNTOS PARA PODER DISFRUTAR
DOS PROFES NOS LIBRAMOS E DAS CLASES XA PASAMOS
NA MERENDOLA ZAMPAMOS A FELICIDADE É TOTAL.

En Terceiro Ciclo irán de Sherlock Holmes, coa música da canción do mesmo nome.

SOMOS DETECTIVES DO MÁIS ESPECIAL
DOS CURSOS 5º E 6º IMOS INVESTIGAR

SHERLOCK HOLMES NON QUEREMOS ESTUDAR
SHERLOCK HOLMES AOS PROFES DETERÁ

CO SEU LÁPIS, CO SEU BOLI E O SEU PAPEL

VAN INVESTIGANDO SEMPRE TODO O QUE VEN

NENOS GUAYS NA RÚA É O QUE HAI
NENAS GUAYS 5º E 6º MOLAN MÁIS.

É UN DETECTIVE QUE NOS FAI ESPECIAIS
COLLE AOS NOSOS PROFES E NOS FAI DISFRUTAR

SHERLOCK HOLMES AOS PROFES PILLARÁ
SHERLOCK HOLMES DETECTIVE SEN PIEDAD

TEMOS PIPA E LUPA E UNHA GORRA SUPERGUAY
O
NOSO AMIGO WATSON AXÚDANOS A INVESTIGAR

A RÚA, OS DE SEXTO SOMOS NÓS
A RÚA, PARA O ANO SEREMOS NÓS.

SHERLOCK HOLMES NON QUEREMOS ESTUDAR
SHERLOCK HOLMES AOS PROFES DETERÁ.

CEIPARUA / Autor/a

Os autores e autoras das publicacións son mestres do CEIP A Rúa

1 comentarios: