Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

07/03/10

Antonio García Teijeiro dedícavos un poema!!

Ana
O outro día imaxinei que sería fantástico achegar as vosas bonitas palabras ó autor do libro de poemas "Á sombra do lueiro de papel", Antonio García Teijeiro.
Sen moitas esperanzas, busquei o seu correo na web, que atopei de casualidade.
Cal foi a miña sorpresa cando recibín a súa amable resposta cun agasallo para todos vós, nada máis e nada menos que un poema dedicado aos nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria!!
Reproduzo aquí as súas palabras e o poema:


Levo moitos anos, ás veces sen facer ruído, traballando a prol da presenza da poesía nas aulas. Paréceme indispensable. Por iso agradezóche as túas palabras "bonitas" e as dos teus alumnos e alumnas.
Dálle moitos bicos que os merecen.


Permíteme que saúde aos nenos e nenas de 1º e 2º do CEIP A Rúa de Cangas:



Os nenos e nenas
co seu mar nas costas
inventan palabras
bonitas, fermosas.
Eu quero enviarlles
uns bicos sen sombras,
uns bicos de flores,
uns bicos de rosas.


Grazas e parabéns.
Bicos e versos.
Antonio

Ana / Autor/a

Os autores e autoras das publicacións son mestres do CEIP A Rúa

2 comentarios:

  1. Carolina, nai de Candela22:37 do 7 de marzo de 2010

    Qué bonito !!!

    ResponderEliminar
  2. Grazas a Antonio G. T. por agasallarnos con palabras fermosas que nos axudan a ser mellores.

    ResponderEliminar