Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

08/03/10

Día Internacional da Muller

Ana
Mulleres traballando nunha fábrica de conservas en Vigo.


Hoxe, luns 8 de marzo, celebramos o Día internacional da muller.
Esta data conmemórase en todo o mundo dende 1911, cando máis de un millón de mulleres se uniron para reivindicar o dereito a ir á escola, a votar, a ocupar cargos públicos, así como para pedir a igualdade co home no traballo.

Aínda que no noso país se avanzou moito nos últimos 50 anos, hai algunhas cousas que aínda están por mellorar, deixámosvos unha viñeta e un vídeo de Forges que vos poden dar ideas.

Propoñémosvos que acheguedes os vosos comentarios ó respecto. Animádevos!!








Nesta imaxe o profesorado e pais e nais podemos acceder ó blog do Seminario da Educación para a Igualdade, do CPR de Avilés, onde atoparemos información relevante en relación con esta temática:





Por último, outra proposta:

O outro día Santi de 2º de Primaria comentou "Dixo meu pai que hai un país onde as mulleres é coma se non existiran", podemos axudarlle a descubrir en que país (ou países) ocorre isto?

Ana / Autor/a

Os autores e autoras das publicacións son mestres do CEIP A Rúa

2 comentarios:

  1. Case non me da tempo a facer un comentario,porque son unha muller traballadora .Ainda así sempre atopo un oco para as cousas que me gustan, como ler o blog da rúa e o ben que o seguides facendo.

    ResponderEliminar
  2. Grazas, Raquel, como che vai? Botamos de menos o teu sorriso :-) Mandámosche moitos bicos dende A Rúa e fainos moitísima ilusión que sexas lectora do noso blog.
    E agora a descansar, muller traballadora!!

    ResponderEliminar