Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

01/03/10

Hanane decora as súas mans con henna

Ana
Hoxe Hanane, alumna de 2º, de orixe marroquí, trouxo as mans pintadas de "henna".
Propuxémoslle que nos contase algo sobre este costume para compartilo con tod@s nós.


"É un debuxo de henna, feito coa axuda dun adhesivo. En Marrocos, esta pintura lévaa só a muller (nenas, nais, avoas). Significa que falta pouco para rematar o curso e que veñan outros nenos/as novos á escola. Hai moitos debuxos para elixir: flores, abellas, libros... As nenas só poden facer os debuxos nas mans, só cando son maiores poden facelos nas pernas"

Hanane contounos que a súa nai decorou as súas mans coa henna seguindo estes pasos:
  1. Colocou un adhesivo co debuxo na man.
  2. Botou a henna.
  3. Frotou con limón.
  4. Colocou un plástico nas mans para non mancharse.
  5. Foise para cama.
  6. Pola mañá, quitou o plástico, a henna e o adhesivo.
E xa está!!

Se facedes clik na planta da "alheña",
podedes ver unha galería de imaxes
que ilustra o proceso da orixe e comercialización da henna.



A imaxe anterior enlaza cun audio no que Saida, unha muller inmigrante marroquí, explica as aplicacións da henna, o seu significado nas festividades, as variedades dentro do mundo islámico e a crecente popularidade que está adquirindo en Occidente.

Queremos agradecer a Hanane a súa información e lembrarvos, como ela dicía hoxe sen parar, que podedes tocar as súas mans, non manchan!!

Ana / Autor/a

Os autores e autoras das publicacións son mestres do CEIP A Rúa

22 comentarios:

  1. Pois a min pareceme moi bonito sobre todo polo seu significado

    ResponderEliminar
  2. Hanane, felicítote por traernos esta información tan interesante sobre a henna, encantoume. ¿Sabes se en a henna se pode facer en Cangas? (Rubén, 2ºP)

    ResponderEliminar
  3. A henna é algo de África, marrón, negro, verde escuro...¿como é a henna? (Ían, 2º P)

    ResponderEliminar
  4. Hanane, felicítote porque nos trouxeches unha información moi importante e aprendemos moito.
    (Santi, 2ºP)

    ResponderEliminar
  5. Hanane, gustoume esta receita para facer a henna, porque sei que che custa facer informacións.
    (Antón, 2ºP)

    ResponderEliminar
  6. Quéroche felicitar, Hanane. ¿Por que os homes non poden poñer henna?
    (Cristina, 2ºP)

    ResponderEliminar
  7. A henna bótana nos pés, nas mans, no pelo e na cara.
    (Hanane, 2ºP)

    ResponderEliminar
  8. Por que a henna non se pon na espalda ou na barriga?
    (Nico, 2º P)

    ResponderEliminar
  9. Gústame a entrada de Hanane da henna.
    (Laura, 2ºP)

    ResponderEliminar
  10. Hanane fixo unha entrada moi interesante sobre a henna. Ela é unha nena e entón só a leva nas mans.
    (Andrea, 2ºP)

    ResponderEliminar
  11. Grazas, Hanane, por explicarnos as cousas da henna. A cousa que máis me gustou é que todos nos pintemos as mans. ¿Algún día pódesnos explicar como se pon a henna e onde se compra? As túas culturas relixiosas gústanme e espero que a miña nai me deixe. Estou moi contenta de que nolo dixeses, así a túa cultura será moi famosa agora. Cando poda pídolle a miña nai se o podo facer.
    (Candela, 2ºP)

    ResponderEliminar
  12. Encántame a entrada de Hanane, é moi boa. Explicou como se fai a henna, como se pon, como se pode pegar á man e felicítoa.
    (Pedro, 2ºP)

    ResponderEliminar
  13. Hanane felicítote porque é moi bonita a henna. Eu penso que tamén se pode debuxar na man e nas pernas.
    (Lisa, 2ºP)

    ResponderEliminar
  14. Quero felicitar a Hanane que debeu facer un gran esforzo en explicar como se coloca e as plantillas que hai. Unha pregunta: ¿con que se machaca a flor da henna?
    (Sergio, 2ºP)

    ResponderEliminar
  15. A henna só a poden poñer as mulleres pero se pode poñer nas mans,pes, pernas e o pelo.
    Ó principio a henna só a poñían en Marrocos pero agora a poñen moitas mulleres.
    (Álvaro,2ºP)

    ResponderEliminar
  16. Por que Cleopatra se pintaba o pelo?
    Se moves (e enrrugas) a pel coa henna, ¿segue coa forma?
    (Mario,2ºP)

    ResponderEliminar
  17. Felicítote, Hanane. Gustoume moito.
    (Luana, 2ºP)

    ResponderEliminar
  18. Hanane,felicítote por escribir esta información tan interesante, moitísimas grazas.
    (Inés, 2ºP)

    ResponderEliminar
  19. Hanane, por que os homes non se poden pintar? Cando nos vamos a pintar? Gustoume moito a túa información.
    (Celeste, 2ºP)

    ResponderEliminar
  20. Que importante é compartir a información!!
    Todos e todas temos algo que ensinar e moito que aprender dos demais.
    Biquiños Hanane

    ResponderEliminar
  21. Canto me alegro de verte!!,como sempre tan sorrinte.A min tamén trataches de explicarme o da henna pero vexo que agora o fas moito mellor.
    Un bico moi grande da profe Raquel,ah! e outro para Mohamed.

    ResponderEliminar
  22. Que ben Hanane, que interesante!!! E que bonitas están as túas mans. Non deixo de pensar en como quedarían as miñas decoradas con henna. A ver cando o facemos no cole.
    Un biquiño
    A profe Rosana

    ResponderEliminar