Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

11/03/10

"Projects Done", de Cándida Höfer

Ana
Publicado no blog de 6º "23x6=Blog"

Hoxe dez de marzo, os alumnos de sexto de primaria, fomos ao Museo do Marco a ver unha exposición chamada “Projects Done” de Candida Höfer e os seus
arquitectos. A súa exposición reúne proxectos fotográficos feitos dende 1968 a 2008.

Candida Höfer é unha fotógrafa alemana, a quen lle encanta facer fotografías sen xente na imaxe porque di que as fotografías con persoas sáenlle peor. Nalgunhas fotografías hai persoas, pero son moi raras.
Outra das súas características, é que a fotografía é un espazo vacío, e iso permítenos como............. se puidéramos imaxinar unha historia en cada imaxe. Ademais, algunhas das súas fotos, levan réplicas, como estatuas, pero en diferentes cidades do mundo, Londres, París, etc.
Tamén nesa mesma exposición hai imaxes na que saen animais, pero, donde están encerrados hai pinturas sobre o hábitat do animal.
Despois, fumos facer un taller. No taller tivemos que facer un espazo privado, unha habitación. Para facelo derónnos un papel para pintar, e despois uns mobles de papel, tamén para colorear.

Por: Laura Bouza Leirós

Ana / Autor/a

Os autores e autoras das publicacións son mestres do CEIP A Rúa

0 comentarios:

Publicar un comentario