Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

11/04/10

A cantar con "Contos en cantos"

Ana
O vindeiro venres, 16 de abril, ás 11:30 no Auditorio de Cangas temos unha cita.
Cantaremos da man de Almudena Janeiro cancións que nos rechiflan como: Cocorico, Mariluz Avestruz, Sal e azucre, Chocolata...
Acompañarannos nesta xornada musical os nosos amig@s dos coles do Hío e Espiñeira-Aldán.
Vai ser moi divertido, ide afinando as voces!!!

Deixámosvos o vídeo de Chocolata para que practiquedes!!







Contos en cantos
é un libro CD-DVD publicado pola editorial OQO onde 13 contos do mundo son engalanados cos sons de diferentes estilos musicais: bossa nova (O Brasil), sirtaki (Grecia), tango (A Arxentina), rock & roll, soul, gospel ou cantos africanos, sempre baixo o fío condutor da doce e saltareira voz de Almudena Janeiro.

Con el preténdese achegar os máis pequenos a outras culturas, a través da nosa, e que aprendan a valorar e compartir este rico patrimonio musical, co que ademais se poden divertir.

Ana / Autor/a

Os autores e autoras das publicacións son mestres do CEIP A Rúa

0 comentarios:

Publicar un comentario