Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

30/04/10

Carta do poeta Antonio García Teijeiro

Ana

Sentímonos especialmente felices, Ían expresouno espontaneamente, "Belíscame, isto é un soño!!".
O poeta Antonio García Teijeiro contestou á nosa carta. Esto foi o que nos escribiu:

Vigo, 21 de abril de 2010

Meus queridos amigos e amigas do CEIP A Rúa. Como estades? Sodes uns verdadeiros xenios. Como non ía ser así? Sabedes que as palabras serven para rir, chorar, amar, bicar, facer felices aos demais. Estou moi contento de que escribades poemas. Que ben o facedes!

Estou moi contento de que vaiades ó teatro.
Estou moi contento de que leades e vos lean poemas. Estou moi contento de que vos acheguedes ás obras de arte. O "Guernica"! Que emoción e rabia sentía eu cando o vin. Resulta que foi hai ben anos e estaba protexido por unha mampara de cristal para protexelo dalgún tolo que lle dese por facerlle dano . A emoción, velo. A rabia, velo cuberto.

Que sorte ter unhas "profes" como Chus e Ana que vos achegan arte en todas as súas manifestacións. E que debuxos! Este ano vai ser difícil que me achegue ata aí. E esa sorpresa... Pero o curso que vén faría un esforzo. A ver.
Ben, grazas por serdes tan riquiños.
Bicos.

Antonio García Teijeiro


Estes son os comentarios dalgúns dos nenos e nenas de 1º ciclo despois de lerlles a carta:
  • "Non me creo que poida ter unha fotocopia da carta dun escritor" (Ada)
  • "Nótase que escribiu a carta con amor" (María)
  • "Se vén ó cole o vindeiro ano, ben para el e para nós para coñecelo mellor" (Pablo)
  • "Se lle nota que a fixo con moito esmero e cariño" (María)
  • "Para min é un auténtico tesouro" (Álvaro)
  • "A min encantoume porque dicía un montón de palabras fermosas. Nótase que lle gustaría vir pero como ten moito traballo, non pode. Emocionoume a carta. Espero que veña o ano que vén" (Andrea)
  • "É moi bonita, ten moito amor" (Laura)
  • "Para min a carta é como un poema precioso" (Ían)
Como Antonio non pode vir, enviámoslle dende aquí a nosa sorpresa, o noso poema visual elaborado a partir do poema que el nos dedicou.
Esperamos, Antonio, que che guste :-)


O teu poema:




A nosa recreación visual do mesmo:



Como ves, os nenos e nenas nadan portando palabras fermosas na súa pel. As flores en lugar de pétalos teñen beizos, cheíños dos bicos que nos enviaches.

Non deixes de vir vernos o curso que vén!! Esperámoste!!

Ana / Autor/a

Os autores e autoras das publicacións son mestres do CEIP A Rúa

2 comentarios:

  1. ¡Moi emocionante! Tanto a carta de Antonio García Teijeiro, como os vosos sentimentos ao recibila como ese fantástico mural que fixestes. ¡¡PARABÉNS!!

    ResponderEliminar
  2. Grazas de todo corazón :-)
    Un biquiño

    ResponderEliminar