Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

28/04/10

Xornada intercultural: as festas dos bos desexos

CEIPARUA
A concellería de Benestar Social do concello de Cangas organizou hoxe no noso cole unha actividade sobre as festas do mundo, dentro do seu programa da VI Semana Intercultural.



Viñeron varias mulleres de países diversos do mundo: de Marrocos, de Brasil, de Arxentina e de Polonia, e algunhas son mamás dos nenos/as que están no noso cole. Cada unha delas falounos dunha festa moi coñecida no seu país, e así puidemos ver que todas as festas teñen cousas en común, que nelas a xente divírtese e agradece as cousas boas da vida, ao tempo que pide os mellores desexos para que o mundo sexa mellor.

Falamos de cinco das festas máis coñecidas e que son:


En Brasil, a virxe de Iemanjá, festa que ten a súa orixe en África e que despois se trasladou América do Sur. Ten certo parecido coa celebración da Virxe do Carme en Galicia, a patroa dos mariñeiros. As persoas pídenlle bos desexos á virxe e logo botan un barquiño no mar cargado con flores e froitos para que a Virxe llos conceda.

(Imaxe recollida en: http://www.jujuy.com/?p=104)

En Arxentina, e tamén en Perú, Bolivia e Chile, celébrase a festa da Pachamama, ou da Nai Terra. Nese día as familias xúntanse para celebrar a festa e fan unha boa comida cos alimentos que tiveron das colleitas, e pídenlle a Pachamama que se siga portando ben con eles, para ter boas colleitas e ter así dabondo para comer.

(Fonte da imaxe: http://www.adezaragoza.org/biblioteca/estante.php?id=51)

En Marrocos e nos países árabes teñen a festa do Ramadán. Fátima contounos que nesta festa, que dura todo un mes, as persoas non comen nin beben durante o día, dende unha hora antes da saída do sol ata unha hora despois de que se pon, e só poden facelo pola noite. Os nenos/as pequenos/as si que poden comer. Fano para ter máis presente que no mundo hai moita xente que pasa fame e necesidades e poder ser así máis solidarios con eles/elas.


En Polonia, un país que está en Europa, celebran a Festa da Pascua Polaca. Tamén se xuntan os amigos e regálanse uns ovos moi ricos, e comen uns bos banquetes. No día seguinte fan o día da auga, onde todos se tiran caldeiros de auga pola rúa.


En Galicia temos a festa da noite de San Xoán, onde bailamos arredor do lume e saltamos a fogueira para que nos sexan concedidos os desexos que pedimos. Tamén botamos herbas aromáticas en auga, formando un cacho. A auga temos que collela de 7 fontes para que escorrenten todos os males.

CEIPARUA / Autor/a

Os autores e autoras das publicacións son mestres do CEIP A Rúa

0 comentarios:

Publicar un comentario