Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

20/05/10

Letras Galegas 2010, homenaxe a Uxío Novoneyra

CEIPARUA
Esta semana levamos a cabo distintos actos e actividades didácticas para conmemorar o día das Letras Galegas que este ano está dedicado á figura do escritor lucense Uxío Novoneyra.
Os nenos e nenas de 4 anos elaboraron un cartafol sobre a súa vida e obra que recollemos nesta bonita presentación:



O martes, os alumnos e alumnas de 6º curso agasalláronnos cunha presentación audiovisual. Recitáronnos poemas de Novoneyra, acompañados coa música e as fotos da serra do Courel onde naceu o poeta.

E durante toda a semana, ata este venres, en horario de 16:30 a 18:00, está aberta a exposición "Os nosos maiores" na biblioteca do noso centro. Animádevos a visitala!


(Se pinchades na foto podedes ver todas as demais).

CEIPARUA / Autor/a

Os autores e autoras das publicacións son mestres do CEIP A Rúa

0 comentarios:

Publicar un comentario