Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

10/05/11

A grande meiga de Foz

CEIPARUA

O día 28-4-11 fomos os nenos e nenas de 5º e 6º ao Auditorio de Cangas. A obra que vimos titulábase "A grande meiga de Foz". Os actores e actrices eran do colexio Eduardo Pondal.

A historia tratábase dun espantallo que quería un cerebro, unha nena que quería volver a Porriño, un androide que quería un corazón e un boxeador que quería valor.
Ao principio da obra, apareceu a bruxa do Norte que lle deu un bico na fronte a Doriñas, ese bico ía protexela, tamén lle deu uns zapatos que eran da bruxa de Oriente.
Despois saiu a grande meiga de Foz, que era a máis poderosa de todas, concedíalles os desexos que lle pedían.  E por último, apareceu a bruxa de Occidente, que intentaba roubarlle os zapatos a Doriñas.
Ao final da obra, todos descubrimos que o espantallo tiña cerebro, o androide corazón e o boxeador valor. 

Amable e Vicky

PD: A obra de teatro está baseada no libro "O marabilloso Mago de Oz". A profe Ana está léndonolo na hora de ler. O autor é Lyman Frank Baum.




Podes velo con subtítulos en portugués neste enlace http://www.youtube.com/watch?v=7ljl2xIQB7s&feature=youtu.be

CEIPARUA / Autor/a

Os autores e autoras das publicacións son mestres do CEIP A Rúa

0 comentarios:

Publicar un comentario