Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

03/06/11

O meu amigo Zé Leonel

CEIPARUA
Os meus tíos, os meus pais máis eu coñecimos a Zé Leonel (José Leonel Perfeito), un cantante moi famoso de Portugal.

A primeira vez que soubemos que era cantante, agasallounos cun CD del, meu tío díxolle que lle escribira unha dedicatoria e el escribiulle: " Se precisases de uma mao amiga, lémbrate que eu tenho dúas" (anotoulle o número de teléfono e a súa sinatura).

Zé Leonel estivo en varios grupos,un deles foi "Xutos e Pontapés" (insultos e patadas), outro "Ex-votos" e o último no que estivo antes de morrer foi "Zé Leonel+Iva".


Unha das cancións máis famosas do grupo "Ex-votos" é "Canto aos peixes":




Zé Leonel morreu a finais de Semana Santa na súa casa en Póvoa de Santa Iria, concello de Loures. O músico sufría cancro de fígado, que fora diagnosticado facía 5 meses. Zé Leonel deu o seu último concerto cos "Ex-votos" no Centro Cultural Malaposta, en Odivelas, no que participou Kaloo, batería dos "Xutos e Pontapés".

Nadia Jalda Fonseca, 5º de Primaria




  COMENTARIOS DO MEU TÍO:
  • Coñecín a Zé Leonel en España. Non sabía que el era artista, ata que un día me agasallou cun CD dos "Ex- votos". Pedinlle a Zé que me escribira unha dedicatoria e el escribiu "Se precisases de uma mao amiga, lémbrate que eu tenho dúas". Ese era Zé, unha persoa desinteresada, humilde e moi amiga dos seus amigos.
  • A última vez que estiven con el foi en Vilanova de Cerveira. Ó despedirmos, despois dunha forte aperta, díxome: "Lévote comigo aquí", sinalando no seu peito. Nestes días eu estou moi triste por saber que Zé xa non está entre nós. Noto un vacío no meu corazón que non se dá cheo. Quédame o consolo de que tiven o privilexio de coñecer a unha persoa tan extraordinaria. Obrigado Zé, por compartir comigo algúns momentos da túa vida. Nunca te esquecerei. Ata sempre.
Juan Jesús Jalda Martínez

Entrada publicada no blog de 5º "Rizando o rizo"

CEIPARUA / Autor/a

Os autores e autoras das publicacións son mestres do CEIP A Rúa

0 comentarios:

Publicar un comentario