Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

23/01/12

Oli visita a nosa biblioteca

CEIPARUA
O DÍA 19, OLI CHEGOU A NOSA BIBLIO PARA CONTARNOS EN PRIMICIA...ARTUR. COMEZOU POR ENSINARNOS UNHA CAIXIÑA DE MÚSICA QUE SERVIU PARA FACER A SÚA PRESENTACIÓN E CREAR UN AMBIENTE MOI MÁXICO....
ALUMNOS/AS E MESTRAS ESTÁBAMOS PREPARADIÑOS PARA ESCOITAR A OLI. TRAÍA UNHA MALETIÑA MOI MISTERIOSA.

 
 PRESENTOUNOS A ARTUR, PIRATA PATA DE LATA, ONCE DAMAS ATREVIDAS...FACENDO UNHA PEQUENA HISTORIA A MODO DE INTRODUCCIÓN, NA QUE ARTUR ERA O PROTAGONISTA. TODOS VIÑAN GARDADIÑOS NA SÚA MALETA  E SORPRENDEUNOS A TODOS CON TANTA ILUSIÓN COMO ESPERTOU.
E COMEZOU CO ESPERADO ARTUR. GUSTOUNOS MOITO A SÚA ARTE DE CONTAR.
ATENDENDO AS NOSAS PETICIÓNS, LEUNOS O PIRATA PATA DE LATA QUE TANTO NOS GUSTA.
Ó FINAL, OLI ADICOUNOS UN MOMENTIÑO PARA ASINARNOS OS SEUS LIBROS. 
A VERDADE É QUE NOS ESCRIBIU COUSIÑAS MOI, MOI BONITAS.

Publicado no Recanto de Roni

CEIPARUA / Autor/a

Os autores e autoras das publicacións son mestres do CEIP A Rúa

0 comentarios:

Publicar un comentario