Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

15/04/12

Oli vén ao noso cole

CEIPARUA


O xoves día 12 de Abril compartimos un rato moi agradable con Oli, o escritor de Cangas que ten un feixe de contos publicados e que viu explicarnos algúns segredos dos seus libros e do seu traballo.

 Nós contámoslle que lemos moitos dos seus contos, que os volvemos refacer, adaptámolos ao noso xeito, ilustrámolos cos nosos debuxos e encadernámolos, e que fixemos monecos cos seus personaxes, e máis cousas.

 Os contos de Oli que traballamos, e sobre o que el nos falou son:

 - Once damas atrevidas
 - O pirata pata de lata
 - Leocadio o león
 - Aníbal quere encoller
 - Iria e a lúa
 - Conto para non comer
- Un problema grande
 - O poliño Arthur

 As fotos podedes velas no blog MARCHOSOS DO MEDIO

Pinchando aquí podesdes ler a resposta de Oli a unha das preguntas dun alumno de 5º.

0 comentarios

CEIPARUA / Autor/a

Os autores e autoras das publicacións son mestres do CEIP A Rúa

1 comentarios:

  1. Ola,
    Invítovos a ler a resposta á pregunta que me fixo Agustín o día da miña visita. http://oslibrosdeoli.wordpress.com/2012/05/09/explicar-o-autor/

    OLI

    ResponderEliminar