Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

15/06/12

Manzaneda a gargalladas!!!

CEIPARUA







Os días 6, 7 e 8 de xuño fomos de excursión fin de etapa a Manzaneda. Acompañáronnos a nosa titora Ana e a nosa teacher Montse. Compartimos autobús cos alumnos e alumnas de 6º do colexio de San Roque. 







A media mañá fixemos unha parada para merendar no mosteiro máis antigo de Galicia, San Pedro de Rochas (Ourense). Nel había un maniquí que representaba un monxe benedictino, un neno da clase púxose detrás del, outros alumnos/as chamaron ós compañeiros/as e ás profes e deulles un susto.




Cando chegamos a Manzaneda, despois de almorzar, comezamos as actividades. A primeira delas foi os karts, onde Saúl “humillou” a Ana e a Montse adiantándoas mentres elas ían a velocidade “vertixinosa”.




En sendeirismo, subimos ata a cima de Cabeza de Manzaneda. Na baixada, facía moito vento, frío e chovía. Comezamos a comentar a roupa de abrigo que levabamos. Un compañeiro indicou que tiña un anorak e un “zorro polar” en lugar dun “forro polar”. A confusión de palabras foi moi divertida. 



Nos cabalos, Ana montou en Caramba, o máis vello. Tivo unha inesperada sorpresa, o cabalo de súpeto comezou a mexar e tirouse un peido. Jajajaja!! 

A primeira noite, cando viñemos da velada, un neno entrou no corredor e dixo que mirara unha aparición dun home cun pixama de raias ó final do mesmo. A consecuencia de todo isto foi que nos entrou un medo aterrador e algúns chegamos a pedir durmir acompañados/as das profes ou doutros compañeiros/as. 

A segunda noite, Jacob, Iván e Amable botáronse a durmir profundamente e pecharon a porta con chave deixando fóra a Xian e a Miguel. Estivemos petando unha hora e non abrían. Ana e Montse foron a recepción a pedir outra chave. Como non había ninguén, Ana tivo que saltar un valado e petar na ventá da habitación ás 2 da mañá. Por fin, espertou Iván e abriu a porta. Durmían como troncos!!!! 





Foi unha experiencia inesquecible. Gustaríanos moito repetila. 


 

CEIPARUA / Autor/a

Os autores e autoras das publicacións son mestres do CEIP A Rúa

2 comentarios: