Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

22/01/13

Apadriñamento Lector

Auladiver
Un curso máis poñemos en marcha esta actividade de aprendizaxe cooperativa, na que un alumno ou alumna dos cursos superiores fai de padriño ou madriña de lectura de un alumno ou alumna dos cursos inferiores. 
O obxectivo é, por unha parte, mellorar a competencia lectora tanto dos alumnos titores como dos titorandos e, por outra parte, favorecer a interacción social entre alumnado de distintos cursos.
Esta vez, tendo en conta as suxestións dos/as alumnos/as de 1º e 6º que participaron o ano pasado, pensamos que era boa idea amplialo a todos os cursos de Primaria. Así, os de 4º serán padriños e madriñas dos nenos e nenas de 1º, os de 5º estarán cos de 2º, e os de 6º cos de 3º.
Nestes días fixemos xa as presentacións das parellas tal e como ilustran as seguintes imaxes.

 1º e 4º


 2º e 5º


 3º e 6º

Esta semana comezarán xa a ler. Para eso utilizaremos unha sesión semanal da hora de ler: os martes 3º e 6º, os xoves 2º e 5º, e os venres 1º e 4º.
Seguiremos informando...

Auladiver / Autor/a

Os autores e autoras das publicacións son mestres do CEIP A Rúa

1 comentarios:

  1. Si e moi divertido pasamolo xenial lendo os contos

    ResponderEliminar