Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

01/01/13

Os Reis Magos visitan o noso colexio

CEIPARUA
O día 21 de decembro do ano que rematou, os Reis Magos, que se atopaban de paso pola vila, visitaron o noso colexio.
Os nenos e as nenas prepararon as cartas con ilusión  para entregarllas persoalmente ás SS. MM. Conscientes da crise que estamos a padecer, os cativos pediron poucos agasallos materiais e moita felicidade e amor para todos.
Agardamos que a maxia das SS. MM. nos procure boas noticias ao longo do ano que acaba de comezar.




CEIPARUA / Autor/a

Os autores e autoras das publicacións son mestres do CEIP A Rúa

0 comentarios:

Publicar un comentario