Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

21/02/13

A segunda guerra mundial, a razón da senrazón

Ana
Hoxe, 21 de febreiro de 2013, Martín López Nores, familiar de Andrea, veu falarnos á clase de 5º dun tema moi, moi interesante: "A 2ª guerra mundial"

Todo comezou cando en Atención Educativa visionamos a película "El gran dictador" de Charles Chaplin, nela faise referencia ás dúas grandes guerras, 1ª e 2ª. Era imprescindible preguntarse: que razóns tan poderosas poderían levar ó mundo a embarcarse en dúas guerras globais, co coste humano, económico e medioambiental que  isto suporía para todo o planeta?


Buscamos información, puxémola en común. Foi entón cando Martín, sabedor da nosa curiosidade, prestouse para darnos unha charla onde contabamos con que nos aclarase algunhas dúbidas que se nos presentaban. 

Este luns o cine-fórum versou sobre a longametraxe "La vida es bella", queriamos contextualizar algo máis a temática. Reflexionamos sobre as razóns e as senrazóns: a razón do título, as razóns que levaron a Hitler á limpeza étnica ("La razón de la sinrazón..."*, como dicía Don Quixote), as razóns que levaron ó pai ó sacrificio que fixo polo seu fillo...


E, por fin, hoxe, Martín deleitounos cunha magnífica exposición, cercana, clarificadora, atractiva visualmente e bordada cunha rede de ideas perfectamente tecidas. En fin, un agasallo para todos nós!!
Invitámosvos a gozar dela neste enlace (facede clik na imaxe)




Grazas, Martín pola túa xenerosidade, por querer compartir con nós o moito que sabes. Como ti ben dis: 
"Sólo el conocimiento hará que podáis construir un mundo mejor"



*"La razón de la sinrazón que a mi razón se hace, de tal manera mi razón enflaquece, que con razón me quejo de la vuestra fermosura" (El ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha, Capítulo I)

Ana / Autor/a

Os autores e autoras das publicacións son mestres do CEIP A Rúa

3 comentarios:

  1. Non tiven a sorte de asistir a charla, pero a presentación está xenial. Encantoume.
    Que sorte temos de contar coas familias que sempre están dispostas a colaborar.

    ResponderEliminar
  2. Dende logo! A escola somos todos: alumnos, profesores e familias.

    ResponderEliminar
  3. NORABOA POR ESTA PRESENTACIÓN!!!!. GUSTOUME MOITO A IDEA DE PRESENTAR ESTES TEMAS ÓS ALUMNOS, A PELI "LA VIDA ES BELLA" E O ENLACE QUE NOS RESUME O QUE FOI ESTA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL. NESTE MOMENTO, TAMÉN CONVÉN REFLEXIONAR SOBRE O QUE ESTÁ PASANDO EMPREGANDO A INTELIXENCIA E A RAZÓN.

    ResponderEliminar