Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

08/02/13

Desfile do Entroido 2013

CEIPARUA
Hoxe no cole de A Rúa celebramos a festa do Entroido. Antes de saír ao recreo xa nos metemos unha boa comilona con filloas, orellas e outras lambonadas que trouxemos da casa.
 A seguir puxemos os nosos disfraces, nos que traballaramos toda a semana anterior e saímos ao patio para o desfile. Os nenos e nenas de infantil e as súas mestras disfrazáronse de duendes do bosque, con traxe, sombreiro e botas. Os de primeiro ciclo de primaria disfrazáronse de gatos con botas, os de segundo ciclo de xoaniñas e os de terceiro ciclo de mouchos.
 Fixemos despois o desfile arredor do cole, e ao rematar cantamos as coplas que xa tiñamos preparadas e ensaiadas coa letra e o baile. Os de primeiro ciclo cantaron coa música do Señor Don Gato, os de segundo co baile do Takatá e os de terceiro ciclo co Moucho Style.
 Por último, e como ven sendo habitual, queimamos o Meco que tiñamos preparado no medio do patio.


CEIPARUA / Autor/a

Os autores e autoras das publicacións son mestres do CEIP A Rúa

6 comentarios:

  1. O mellor do Entroido son as caras de ledicia dos nenos/as.QUE BEN O PASAMOS!!!

    ResponderEliminar
  2. a min encantoume ir de moucho e o noso baile "Moucho Style" foi un traballo deficil pero valeu a pena porque nos saliu xenial

    ResponderEliminar
  3. a min encantoume o noso disfraz, baile e o noso momo foi xenial pero costou moito facer todo , pero coa axuda de May conseguimolo ; GRAZAS MAI!!!

    ResponderEliminar
  4. Noraboa a todos/as!!!! Como locen eses disfraces e que guapiños estades todos/as. Un bo traballo, agora a descansar!!!. mil bicos a todos

    ResponderEliminar
  5. a min encantoume todos os bailes pero o noso e obvio que o mellor "Moucho Style"

    ResponderEliminar
  6. a min encantoume desfrazarme de Moucho e facer o baile "Moucho Style"

    ResponderEliminar