Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

06/06/14

AXUDAS ADQUISICIÓN LIBROS DE TEXTO 2014-2015

Auladiver
Convocatoria: Orde do 28 de maio de 2014.  


Prazo de presentación de solicitudes: Do 2 de xuño ao 2 de xullo. Poderanse cubrir no enderezo electrónico indicado e tamén no colexio (haberá impresos en Conserxería).

Prazo de recollida dos vales: Os días 7 e 8 de xullo de 10:00 a 12:00.

Requisitos para acceder ás axudas:
1. Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación primaria , nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia durante o curso escolar 2014/2015, e non repetir curso neste ano académico. O alumnado que repita 1º ou 2º de educación primaria poderá solicitar a axuda, xa que neste ciclo emprégase material que non pode ser reutilizado.
2. Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
3. Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros. Para a determinación da renda per cápita familiar terase en conta o disposto no artigo 6 da orde de convocatoria.
4. Non estar matriculado en 5º de educación primaria nalgún dos centros seleccionados para o proxecto experimental Educación Dixital durante o curso 2014-2015, xa que este alumnado disporá dun entorno virtual de aprendizaxe. O colexio solicitou a participación neste proxecto pero aínda non saíu a resolución cos centros seleccionados.
Documentación a presentar
a) Libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar. Só no caso de non ter libro de familia, ou se a situación familiar, a día 31 de decembro de 2012, non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse documento ou documentos acreditativos do número de membros da unidade familiar.
b) No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude, ou do alumno igual ou superior ao 33% e inferior ao 65%, deberá presentarse un documento que acredite esta circunstancia a 31 de decembro de 2012.
c) No caso de situación de violencia de xénero no contorno familiar: documentación acreditativa.
Principais novidades desta convocatoria:
1. A finalidade das axudas é a adquisición exclusivamente de libros de texto e non se pode adquirir con cargo ao vale material didáctico nin complementario.
2. O alumnado (excepto o de 1º e 2º de Primaria) ten a obriga de conservar en bo estado os libros de texto adquiridos na súa integridade con cargo ao importe das axudas, así como incorporalos, ao rematar o curso escolar 2014/2015, a un fondo solidario (banco de libros).

Auladiver / Autor/a

Os autores e autoras das publicacións son mestres do CEIP A Rúa

0 comentarios:

Publicar un comentario