Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

18/07/14

Convocatoria bolsas necesidades educativas específicas 2014

CEIPARUA

Informámoslles que o pasado día 19 de xullo no BOE publicouse a convocatoria de axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo.
Na páxina www.educacion.es ademais de ter toda a información relativa á convocatoria pódense encher os datos das solicitudes e imprimilas para despois entregalas no centro educativo onde estean matriculados os alumnos (opción que recomendamos).
No caso de que non poidan utilizar este sistema poderán encher a solicitude manualmente no impreso que poden descargar no enlace de abaixo ou que poden solicitar no centro educativo. (Neste caso lembren que non recibirán información escrita, terán que poñerse en contacto coa sección de Bolsas para coñecer o estado da súa solicitude).
Tamén adxuntamos  unha nota informativa para axudarlles a que todas as solicitudes veñan completas e así poder axilizar a resolución.
O prazo de presentación da solicitude remata o día 30 de setembro de 2014.

CEIPARUA / Autor/a

Os autores e autoras das publicacións son mestres do CEIP A Rúa

0 comentarios:

Publicar un comentario