Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

02/06/15

BARXAS EMPRENDE: CREACIÓN DUNHA EDITORIAL

May

Este curso, o C.E.I.P. A Rúa participou no proxecto "BARXAS EMPRENDE: CREACIÓN DE UNA EDITORIAL", unha actividade interdisciplinar e creativa que pretende fomentar a cultura emprendedora na Educación Secundaria a través da creación e xestión dunha editorial no instituto, especializada na elaboración e difusión de libros ilustrados para nenos/as, realizados totalmente por alumnos/as.

O proxecto partiu do I.E.S. AS BARXAS pero convertiuse nunha gran experiencia didáctica interdepartamental e intercentros, entre eles o noso. A data de presentación do libro BARXILÓN NO MAR DO LATÓN será o mércores 10 de xuño ás 18:00 no Salón de Actos do I.E.S. AS BARXAS. Animamos ás familias a asistir a este acto en compañía dos seus fillos/as. Se estades interesados en asistir, pregamos a vosa confirmación antes do venres 5 de xuño para poder organizar o espazo do que dispoñemos.

  










A seguir presentámosvos as colaboracións do CEIP A RÚA:

QUE É UN MEXILLÓN?


Neste simpático vídeo, os nosos compañeiros de infantil do CEIP A RÚA, explican o que eles entenden que é un mexillón. E un material moi útil, xa que serveunos de guía a hora de plantexar actividades didácticas orientadas a esa idade.



FACEMOS PATÉ DE MEXILLÓN
 
Os pequenos de 3 anos do CEIP A RÚA, fixeron un obradoiro de cociña inspirado en Barxilón. Aquí mostran como facer un sabroso paté de mejillón que xa quixeran os profesionais. 



CÓMO IMAXINAN A BARXILÓN OS NENOS DO CEIP A RÚA

 Unha vez escrita e ambientada a historia de Barxilón, os nenos de infantil e primaria do CEIP A RÚA, realizaron debuxos de como crían que era. Todos os nenos do cole fixeron a súa aportación, saíndo Barxilóns moi diversos, demostrando unha gran creatividade e orixinalidade. Aquí tedes unha mostra das obras destes ARTISTAS:



Todas as actividades relacionadas con este proxecto atópanse publicadas no blog "Porque un libro es una obra de arte"




May / Autor/a

Os autores e autoras das publicacións son mestres do CEIP A Rúa

0 comentarios:

Publicar un comentario