Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

23/06/15

Presentamos "Deixando atrás", o noso documental do proxecto Cine en Curso

CEIPARUA
Os alumnos e alumnas de 5º curso de Primaria estamos moi pero que moi orgullosos de presentarvos o noso traballo do proxecto de Cine en Curso do 2014-2015, o documental titulado "Deixando atrás" que ofrece a nosa mirada sobre a emigración en Galicia nos anos 50-60.

Antes de máis nada aquí tedes o resultado final. Invitámosvos a gozalo.

 


ÍMOSVOS CONTAR COMO CHEGAMOS ATA AQUÍ:

No curso 2014-2015 solicitamos e foinos concedido un proxecto de Cine en Curso para elaborar un documental sobre as migracións, aproveitando que o tema núcleo do noso centro para este curso versa sobre As Viaxes. O traballo que fomos desenvolvendo durante este curso quedou rexistrado no Blog reservado para o CEIP A Rúa, que pon á nosa disposición a organización de Cine en Curso. Na Site Sempre en Cangas rexistramos o Diario de aula, que recolle todo o proceso de formación e todas as actividades que fomos desenvolvendo relacionadas co proxecto, ata concluír na elaboración do documental "Deixando atrás".

  A seguir presentámosvos algúns dos momentos estelares da presentación do noso documental:

1) Estrea do documental no CGAI, en A Coruña. 
 
O día 12 de xuño os participantes dos obradorios anuais de documental presentaron no CGAI os catro filmes realizados neste curso en Galicia. Despois de cada proxección, o grupo presentou o proceso de creación e iniciouse un diálogo con outro grupo que previamente viu e analizou a súa curtametraxe.
  Un momento da estrea no CGAI
  

2) Estrea do documental en Cineteca de Madrid. 
 O día 16 de xuño os alumnos do Colexio Lourdes-Fuhem (Madrid), o Colexio Montserrat-Orcasitas (Madrid), o CEIP A Rúa (Cangas), a Escola de Bordils (Bordils), o Institut Bellvitge (L’Hospitalet de Llobregat) e o Institut Milà i Fontanals (Barcelona) estrean as súas películas na Cineteca de Madrid.
Un momento da estrea na Cineteca de Madrid


 Os nenos co director de cine Fernando Trueba


3) Presentación do documental ás familias dos nenos e nenas de 5º de Primaria no CEIP A Rúa.


Un momento da estrea no CEIP A Rúa


En novembro, cando veñan os alumnos/as de Toledo e Bordils, contamos con facer a estrea no Auditorio para o resto do centro e para todas as persoas que queiran compartir connosco este emocionante momento. Será unha festa audiovisual na que se exporán traballos dos tres centros educativos.



4. Making Off (Imaxes)

CEIPARUA / Autor/a

Os autores e autoras das publicacións son mestres do CEIP A Rúa

1 comentarios: