Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

29/11/15

Estreamos xornal dixital

CEIPARUA
Preme na imaxe e visita Faladeiros
Xa podes visitar a web do noso Xornal Faladeiros en versión dixital.



  Co galo do 25 aniversario do cole decidimos dixitalizar o Faladerios, que a partir de agora, ademais de editarse en papel, tamén terá un soporte dixital.

  Deste xeito poderás enterarte de todas as novas que nos importan dun xeito moito mais rápido e sinxelo.
Faladeiros estará dividido en varias seccións; Novas do cole, Novas de fóra, Novas inventadas, Curiosidades, Celebracións,  o Recuncho de Roni con recomendacións de libros e autores e mesmo unha sección de Pasatempos con sopas de letras, xogos, encrucillados, labirintos e outras actividades.

  Os contidos do Xornal están completamente elaborados polos alumnos do cole. Os encargados de dixitalizar os documento son 5º e 6º,   pero o material para as reportaxes ten que chegar de todos os nenos e nenas de A Rúa. Animádevos a escribir ou propoñer resportaxes, recomendacións, pasatempos, etc.
Estamos agardando por vós!

CEIPARUA / Autor/a

Os autores e autoras das publicacións son mestres do CEIP A Rúa

0 comentarios:

Publicar un comentario