Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

18/12/15

Os bombeiros visítannos no Nadal

CEIPARUA
  O xoves día 17 visitáronnos os bombeiros de O Morrazo, para amosarnos as súas ferramentas: trouxeron un coche todoterreno con auga e mangueiras, e tamén nos ensinaron o seu traxe: botas con pantalón incorporado, chaqueta resistente a golpes e ao lume, e o casco, que tiña unha lanterna,  un sistema para comunicarte cos compañeiros/as e dúas viseiras, unha das cales era feita cunha lámina de ouro para protexer da radiación. Só o casco vale uns 400 euros, e o traxe completo pasa dos 1000 euros.



  Tamén nos ensinaron as pinzas hidraúlicas e fixéronnos unha demostración botando auga cunha mangueira, con dous tipos de chorros: un que lanzaba  un chorro moi lonxe, e outro que esparcía a auga e facía unha pantalla diante do bombeiro para que o lume non o lastimase.




CEIPARUA / Autor/a

Os autores e autoras das publicacións son mestres do CEIP A Rúa

0 comentarios:

Publicar un comentario