Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

18/12/15

Visitas dos Reis Magos e o Apalpador

CEIPARUA
O xoves 17 e o venres 18 tivemos dúas visitas moi especiais: os Reis Magos e o Apalpador.

O Apalpador metía medo coa súa longa barba roxa e a súa misteriosa voz ronca, pero trouxo un saco cheo de froitos secos: noces, castañas...  e repartiunos con todos os nenos e nenas despois de apalparlle a barriguiña para ver se tiñan fame.

Os Reis Magos eran tres: Gaspar, Melchor e Baltasar. Trouxeron bolsas cheas de caramelos que repartiron con todos os nenos/as do cole.




CEIPARUA / Autor/a

Os autores e autoras das publicacións son mestres do CEIP A Rúa

0 comentarios:

Publicar un comentario