Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

30/01/16

Bicos no Día da Paz

CEIPARUA
https://photos.google.com/album/AF1QipNiE7hOpehXdToAX_tm0XRBn3YH-Iq6Zo8S_m7i
O CEIP San Xoán de Becerreá, compañeiros/as do Proxecto Cinema en curso, con motivo da celebración do Día da Paz, propuxeron recuperar o correo postal na súa iniciativa "Correo da Paz" No blogue Entre Letras podemos seguir o desenvolvemento desta actividade.



Os alumnos de 6º do CEIP A Rúa sumámonos á súa proposta e carteámonos co alumnado de 5º desta localidade lucense. Xunto coa carta enviámoslles un Catálogo de bicos, xa que para nós non hai mellor maneira de celebrar este día que poñendo en valor os pequenos xestos que melloran as nosas relacións cos que temos a carón de nós.

Como non só queremos que os nosos bicos cheguen a Becerreá, o luns repartiremos estes bicos por todas as aulas do cole e pedirémoslles que os colguen polo patio, como un acto simbólico para celebrar entre todos e todas o Día da Paz.

Aquí vos deixamos o catálogo de bicos para que escollades os que queirades e comecedes a espallalos por aquí e por acolá. ;-)

(Pinchando na imaxe desprégase un álbum. Se pinchamos na primeira imaxe dese álbum poderemos ver 25 imaxes en forma de presentación)

A seguir engadimos imaxes dos nenos/as repartindo os bicos por todo o cole!










CEIPARUA / Autor/a

Os autores e autoras das publicacións son mestres do CEIP A Rúa

0 comentarios:

Publicar un comentario