Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

18/06/17

Entre redes, o documental de 6º

CEIPARUA

O documental que creou o alumnado de 6º curso deste ano xa está publicado na web de cinema en curso para que poidades desfrutar del.

Parabéns os/as cinestastas!!






    Con este vídeo queremos resumir un ano de creación; un curso de cinema no que descubrimos máis sobre o mundo de nos arrodea, sobre a nosa vila, as súas xentes  e a observar todo isto con ollos de cineastas.
    Comezando coa ventá da clase que nos mostra o mundo cada día, así foi o proceso que deu forma a Entre Redes. O manexo do equipo profesional, as primeiras ideas sobre a temática, a fase de documentación, os planos de cineastas e os filmados por nós, as xentes e lugares que xa non serán iguais para nós, a rodaxe, a montaxe, levantarse as cinco da mañá e un monte de experiencias que nos cambiaron a nós e a nosa maneira de mirar.
 
Preme no seguinte enlace para ver o resumo do proceso de creación:
  
  

CEIPARUA / Autor/a

Os autores e autoras das publicacións son mestres do CEIP A Rúa

0 comentarios:

Publicar un comentario