Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

27/02/18

MATRICULA CURSO 2018-2019

CEIPARUA

EDUCACIÓN INFANTIL

·                        4º de Educación Infantil (3 anos): 22 prazas + 3 para n.e.e.
·                        5º de Educación Infantil (4 anos): 7 prazas
·                        6º de Educación Infantil (5 anos): 4 prazas


         EDUCACIÓN PRIMARIA

·                                      1º de Educación Primaria: 0 prazas
·                                      2º de Educación Primaria: 5 prazas
·                                      3º de Educación Primaria: 2 prazas
·                                      4º de Educación Primaria: 1 praza
·                                      5º de Educación Primaria: 8 prazas
·                                      6º de Educación Primaria: 7 prazas





PROCESO DE MATRICULACIÓN


 Prazos:
  • Solicitude de admisión (Anexo II) e entrega de documentación: do 1 ao 20 de marzo.
  • Presentación de documentación adicional se hai que baremar: do 3 ao 16 de abril.
  • Publicación de listas provisionais de admitidos e non admitidos: 25 de abril.
  • Reclamacións ás listas provisionais: do 26 de abril ao 4 de maio.
  • Publicación de listas definitivas de admitidos e non admitidos: 15 de maio.
  • Formalización de matrícula (Anexo III): do 20 ao 30 de xuño.

Documentación necesaria para formalizar a matrícula: 
  • Impreso de formalización de matrícula (Anexo III): recóllese en Conserxería ou online.
  • 2 fotografías tamaño carné.
  • Fotocopia do libro de familia ou do DNI
  • Certificado médico ou fotocopia da cartilla de vacinas 
  • Fotocopia da cartilla da seguridade social ou seguro do/a neno/a
  • Certificado de matrícula do centro de procedencia, de ser o caso
  • Certificado de empadroamento (so no caso de baremar)

Información de interese:
·      Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
·      O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
·      Que o alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de ad­misión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Lexislación de referencia: 
  • Decreto 254/2012 do 13 de decembro (DOG 26/12/2012)
  • Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG 15/03/2013)
  • Orde do 25 de xaneiro de 2917 (DOG 01/02/2017)

CEIPARUA / Autor/a

Os autores e autoras das publicacións son mestres do CEIP A Rúa

0 comentarios:

Publicar un comentario