Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

26/02/18

Unha fiestra aberta a Rosalía

CEIPARUA
  Para festexar este día “Abrimos as fiestras a Rosalía” decorando as fiestras do colexio con poemas desta escritora. 
A proposta para o alumnado era plasmar a obra da autora nas fiestras que cada aula decide  o soporte a empregar. 

En Educación Infantil, os rapaces decoraron as letras do nome da autora e colocáronas nunha das fiestras que dedicaron  a Rosalía
 







En Primaria, escribiron nas propias fiestras




 









En primeiro e segundo de primaria convidaron ás familias a colaborar na casa para elaborar as súas propias fiestras. Mandaron unha plantilla que logo de volta á aula terminarían escribindo poemas ou citas da súa vida ou obra.






CEIPARUA / Autor/a

Os autores e autoras das publicacións son mestres do CEIP A Rúa

0 comentarios:

Publicar un comentario