Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

28/05/18

PROGRAMA DE AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

CEIPARUA

NOTA INFORMATIVA: PROGRAMA DE AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR E PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO 2018-2019

De acordo coas instrucións recibidas da Dirección Xeral de Recursos Humanos, a gratuidade solidaria de libros de texto para o próximo curso escolar 2018-2019 levarase a cabo mediante o seguinte procedemento:

1.      AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO:
·         Normativa: Orde do 9 de maio de 2018 (DOG do 21 de maio).
·         Cursos aos que afecta: 1º, 2º de Primaria.
·         Requisitos:
ü  Estar matriculado en 1º ou 2º de Educación Primaria para o curso escolar 2018-2019.
ü  Respectar as obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
ü  Ter unha renta per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros.
·         Prazo: Do 22 de maio ao 22 de xuño

2.      FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO:
No noso colexio non haberá fondo de libros xa que en 3º e 4º de Primaria non se utilizarán libros de texto e no caso de 5º e 6º están incluidos no Proxecto de Educación dixital ( E-DIXGAL). Non obstante, terán dereito á axuda para adquirir material escolar.

3.      AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR
·         Normativa: Orde do 9 de maio de 2018 (DOG do 21 de maio).
·         Cursos aos que afecta: 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.
·         Requisitos:
ü  Estar matriculado en Educación Primaria para o curso escolar 2018-2019.
ü  Respectar as obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
ü  Ter unha renta per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 €
·         Prazo: Do 22 de maio ao 22 de xuño

 As solicitudes poderán presentars por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou ben pedir os impresos na Conserxería do centro.

Máis información no DOG do 21 de maio de 2018 en https://www.edu.xunta.es/axudaslibros/



Moitas grazas
O equipo directivo

CEIPARUA / Autor/a

Os autores e autoras das publicacións son mestres do CEIP A Rúa

0 comentarios:

Publicar un comentario